Tuesday, October 06, 2015

Polo dereito a vivir dignamente: Este Xoves 8 de Outubro, concentración "Camiñando ...

Polo dereito a vivir dignamente: Este Xoves 8 de Outubro, concentración "Camiñando ...: O xoves 8 de Outubro haberá manifestacións nas cidades e vilas galegas convocadas polas Marchas da Dignidade . En Ferrolterra faremos u...





As Marchas da Dignidade reunidas na cidade da Coruña o passado 19 de setembro decidiron sumarse á semana de loita europea que vai ter lugar do 19 ao 25 deste mes de outubro, para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices.
As Marchas da Dignidade da Galiza,acordaron que a súa participación nesta semana de loita, concretarase nunha concentración na Praza do Obradoiro, o próximo sábado 24 de Outubro.
Outro dos acordos tomados, foi convocar manifestacións para este xoves 8 de outubro, en todas as vilas e cidades da Galiza, onde fora posíble, co fin de mobilizar e concienciar na participación cara o 24O
No caso da nosa comarca, Ferrolterra, será unha concentración, ás 18:30hs, na Praza Amada García, frente ao Edificio da Xunta.
A asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, acordou convidar a todos os colectivos, organizacións sociais e políticas a participar neste acto, tomando a palabra para explicar os seus obxectivos de loita, a problemática social á que se enfrentan, ou simplemente compartir análise da coiuntura onde temos que dar esta loita que se vai concretar o próximo 24O na Praza do Obradoiro.
O lema que escollimos será "Fora Rajoi, Fora Troika! Pan, traballo e teito."
Mediante este correo, o mesmo que fixemos a título persoal con algunhas persoas integrantes, CONVOCAMOS ao voso colectivo/organización a participar nesta concentración do próximo xoves 8 de outubro ás 18:30hs.
Tamén convidamos a participar, o próximo luns 5 de outubro, na roda de prensa convocada en Sargadelos ás 12hs. 


Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/.


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

No comments: