Sunday, October 01, 2017

A vergoña, por Gabriel Beceiro

A vergoña | Ollaparo. O universal é o local sen muros





A vergoña

por Gabriel Beceiro

A represión policial causa 844 feridos na xornada de referendo na Cataluña. 319 colexios fechados, mas a grande maioría, por volta do 86% estiveron abertos grazas á resistencia cidadá. Moitos dos colexios eleitorais  houberon de pasar ao sistema manual para evitar a blocaxe da Garda Civil

Se ainda que quedaba calquer resto de lexitimidade de España en Cataluña perdouna  na xornada de hoxe. O autodenominado patriotismo constitucional español amosou non o seu fundamento cívico mas o seu caracter autoritario a través dun uso inxustificado e irracional da violencia. Iso que inclue todas as súas variantes xudiciaria e mediática de anihilación de calquera disidencia que cuestione a matriz ideolóxica do nacionalismo español ( o carácter indivisibel da nación española, presentada como unha precondición esencialista para manter a igualdade de dereitos e oportunidades), desde que fora reformulado o discurso  patriótico español a comezos dos 80. Rajoy vén de o confirmar ao definir a actuación da Garda Civil e da Policia Nacional Española: “Fixemos o que tiñamos que facer”. E o que fixeron foi o uso da forza bruta na Cataluña. O único que a Moncloa defendeu foi o uso da represión policial desproporcionada. Unha intervención policial que adoptou fasquía de acto bélico, escollendo vilas e colexios eleitorais menos protexidos para cargar os antidisturbios contra as persoas que se concentraban desde primeira hora da mañá á porta dos colexios. Fonollosa, de apenas 200 habitantes, 70 gardas civís armados asaltaron e destrozaron a vila. En Aiguaviva, cun censo de 800 habitantes, a policia cargo utilizando gases lacrimóxenos.
É preocupante  a resposta tímida dos lideres europeus perante a violencia. Entre os poucos que xa se pronunciaran sobre o episódio, o primeiro ministro da Bélgica, Charles Michel, condenou todas as forma de violencia na Cataluña, un dos poucos a condenar o episódio diretamente. “A violencia nunca pode ser a resposta! Condenamos todas as formas de violencia e reafirmamos noso apelo pelo diálogo político”, escrebeu na s sua conta no Twitter. Na Grn-Bretaña, o deputado líder do Partido Traballista británico, Jeremy Corbyn, incitou a primeira-ministra, Theresa May, para que apelase ao primeiro ministro español polo fin da violencia policial na Cataluña.
A primeira-ministra escocesa, Nicola Sturgeon, ponderou que, independentemente das opiniónss sobre a independencia, todos deberiam condenar as cenas de violencia e pedir à España que mude de rumo antes que alguén saia gravemente ferido.
Mas tamén causa pasmo a volubilidade  comprensiva  e analítica do relato contrario ao referendo. Para esa vision todo se reduce a negarlle ao voto soberanista o que con teimosía estatal se concede a si mesmo: todo por la patria.  O escenario aberto dunha eventual e cada vez máis próxima secesión de Cataluña, prevese un devalo dos dereitos fundamentais en España e un pano de fondo de recentralización e homoxeneización política e cultural,se non unha liguidación dunha boa parte do Estado das Autonomías. Cos bimbios da represión o nacionalismo español fica lonxe dos retos actuais.Un nacionalismo de estado de fasquía conservadora en plena involución, incapaz doutra resposta  que procurar o futuro no pasado.





No comments: