Monday, May 21, 2012

Baleiro. Canle de produción | Canle de Produción de Cultura Contemporánea

Baleiro. Canle de produción | Canle de Produción de Cultura Contemporánea
Estimados amigos, 

Poñémonos en contacto para comunicarvos que o vindeiro mércores 23 comeza a segunda edición de Canles Alternativas de Creación, un seminario que dende diversas aproximacións históricas quere afondar no coñecemento de espazos de produción e exhibición artística diferentes ou afastados dos principais circuitos mediáticos. 

Este seminario desenvólvese no marco do proxecto de investigación Canles alternativas de creación experimental. O eixo atlántico (1975-2012), e é resultado da colaboración entre o grupo de investigación Arte e Estética Contemporáneas, da Universidade de Santiago de Compostela, e o Centro Galego de Arte Contemporánea. O seu obxectivo é indagar nas propostas alternativas que se desenvolveron en Galicia e no norte de Portugal entre os anos setenta e a actualidade. O seminario contará con membros de colectivos e especialistas deste e doutros contextos peninsulares. Analizaranse casos concretos (proxectos e espazos) e estableceranse relacións cos seus ámbitos e realidades históricas, dando así continuidade ao primeiro seminario, de carácter teórico, que tivo lugar na primavera do ano 2011.

Así mesmo aledámonos de informarvos que, froito da colaboración entre o grupo de investigación e Baleiro, presentarase e distribuirase entre os asistentes  a edición que recolle os contidos do primeiro seminario: Canales alternativos de creación. Una aproximación crítica. O libro inclúe as conferencias dos autores convidados (Juan Luis Moraza, Mariano H. de Ossorno, José Luis Molinuevo e Juan Martín Prada), a transcrición das mesas redondas que tiveron lugar e unha aportación pola nosa banda, titulada Violencia, exilio y arte contemporáneo.

Para máis información sobre o programa, inscrición e matrícula, por favor consultade o sitio web do CGAC.

Agardamos que esta información sexa do voso interese.

Un saúdo.


Baleiro, Facultade de Filoloxía da USC
Avenida de Castelao, s/n, Campus Norte
15768, Santiago de Compostela
Fixo: 981 56 31 00, Ext: 11178
Móbil: 680 135 439
www.baleiro.org

No comments: