Monday, January 27, 2020

Ateneo Ferrolán: Sesión Vermú co Sorteo de 3 obras pictóricas!. Sábado día 1 de febreiro ás 13 h.

Ateneo Ferrolán: Sesión Vermú co Sorteo de 3 obras pictóricas!. Sábado día 1 de febreiro ás 13 h.









Nova data para o sorteo dos Bonos Solidarios (anteriormente suspendida polo temporal)
Sesión Vermú coa Escola Da Vaca o sábado día 1 de febreiro ás 13 h.

Bono Axuda Solidario co Ateneo. Sorteo de 3 obras pictóricas que levan a firma de Inma Doval, Rosa Guisán e #Reixel (Raquel Castro)


 Bono Axuda Solidario co Ateneo
Sorteo de 3 obras pictóricas 
Cal é o obxectivo?
Dentro do proceso de rexeneración e reactivación do Ateneo Ferrolán, realizamos esta actividade co obxectivo de recadar fondos para continuar coa recuperación da entidade.

Que se sortea?
Sorteamos 3 obras pictóricas doadas polos autores a esta entidade con fins solidarios.

Como se Participa?
Para axudar e participar no sorteo, debes mercar un "Bono Axuda" emitido polo Ateneo Ferrolán de 2€ que terá un número para o sorteo e que, de ser o número agraciado obterá 1 das obras sorteadas.

Os bonos poderanse mercar a partir do 16 de Setembro de 2019 no mesmo Ateneo Ferrolán, venderanse na secretaría como único punto de venda.

Cando e donde é o sorteo?
O sorteo das obras realizarase durante o transcurso dunha Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán que se celebrará o día 21 de decembro de 2019. De non estar presente a persoa coa numeración gañadora, a publicaremos na web do Ateneo durante un mes. No caso de non ser recollido o premio, este pasará de novo a formar parte do Ateneo Ferrolán.




As obras levan as firmas de: Inma Doval, Raquel Castro Torrado e Rosa Guillán
 





No comments: