Friday, November 03, 2017

Cen intelectuais critican por carta a pasividade da UE coa Cataluña

Cen intelectuais critican por carta a pasividade da UE coa Cataluña | Ollaparo. O universal é o local sen muros

No hay texto alternativo automático disponible.


Cen políticos, intelectuais e deputados asinaran e enviaran unha carta aberta ao Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, e Donald Tusk, o presidente do Consello Europeo, cualificando de silenzo inxustificabel de Europa coa crise catalá.
Os asinantes, entre eles a filósofa Judith Butler, profesora da Universidade de Berkeley e a  escritora e europarlamentaria Barbara Spinelli, o ex ministro grego de Finanzas, Iannis Varufakis , o  filósofo italiano Antonio Negri, o escritor austríaco Robert Menasse ou o sociólogo francés Eric Fassin, critican que para defender a indivisibilidade e soberanía de España, o goberno de Mariano Rajoy “está violando os dereitos e liberdades básicas garantidas pola Convención Europea de Dereitos Humanos”. Por esta razón  o problema non pode ser considerado un asunto interno e exhorta as institucións europeas para romper o silenzo e actuar como mediadores no conflito.
“O estado de dereito inclúe a protección dos dereitos e liberdades fundamentais”, argumentou a carta UE ten reiterado que a violencia non pode ser un instrumento para resolver problemas políticos.
A carta tamén denuncia a versión “mutilada e reducionista” que fai o goberno español do “Estado de dereito”e os riscos para as institucións europeas de asumila.

No comments: