Sunday, November 19, 2017

A Asociación Cultural “Fuco Buxán”, adicada a reflexionar e fomentar valores progresistas e democráticos, está a organizar a homenaxe a Rafael Pillado Lista, no seu 75 aniversario que tetrá lugar o venres 1 de decembro, no Teatro Jofre de Ferrol - Ártabra 21

A Asociación Cultural “Fuco Buxán”, adicada a reflexionar e fomentar valores progresistas e democráticos, está a organizar a homenaxe a Rafael Pillado Lista, no seu 75 aniversario que tetrá lugar o venres 1 de decembro, no Teatro Jofre de Ferrol - Ártabra 21



A estirpe obreira de Ferrolterra, homes e mulleres, ocupa un lugar senlleiro no que poderíamos denominar a Historia da Esperanza. Xente feita coa mellor madeira da humanidade, nos obradoiros do mar. ...[*]Manuel Rivas.



Homenaxe a Rafael Pillado Lista no seu 75 aniversario



A Asociación Cultural “Fuco Buxán”, adicada a reflexionar e fomentar valores progresistas e democráticos, está a organizar a homenaxe a Rafael Pillado Lista, no seu 75 aniversario.



Homenaxe a unha longa traxectoria ligada á loita contra a ditadura franquista, á recuperación do movemento obreiro organizado - creador e fundador das CCOO e do PCG – e ó restablecemento das liberdades democráticas.



A devandita homenaxe desenvolverase o vindeiro 1 de Decembro a partir dás 20 horas con vocación de ser un acto plural que incorpore ó conxunto de colectivos que constitúen a nosa realidade social, sindical, política e cultural. A homenaxe constará de dúas partes: a primeira no Teatro Jofre e unha segunda na que haberá unha cea no restaurante Illas Gabeiras.



Para poder participar na cea hai que facer un ingreso de 25 € por persoa na conta corrente IBAN ES18-2080-0209-5630-4002-4947 ABANCA antes do 21 de Novembro. O número de asistentes á cea será limitado por razóns de organización. Pregamos a confirmación do ingreso, o nome do asistente/es e representación ou cargo (si é o caso).



Susana  Alaniz González

Presidenta de Fuco Buxán, A. C.

Teléfono: 981.325.492

fucobuxan@gmail.com



ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN

Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña).

Telef.: 981325492

Correo-e.: fucobuxan@gmail.com

http://www.fucobuxan.net/

Tamén en FacecookTwitter e Google+.



[*] Un paragrafo do escrito por Manuel Rivas, na contra capa do libro: "O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado -I".



Información baseada na enviada por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
9 de novembro de 2017 13:06


_________________

No comments: