Friday, February 12, 2016

Concentración en solidariedade cos Titiriteiros, en FERROL, 13 DE FEBRERO 2016




Asociación Cultural Fuco Buxán súmase ós milleiros de voces que por todo o estado consideran sen fundamento, arbitraria e desproporcionada a decisión do xuiz Ismael Moreno de dictar auto de prisión preventiva contra os membros da compañía teatral Títeres desde Abajo por un suposto delicto de enaltecemento do terrorismo. Se ben nun primeiro momento, o papel dos medios de comunicación conseguiu dar á representación de "La bruja y Don Cristobal" apariencia macabra e despiadada -mencionando contidos como violacións, asasinatos e unha pancarta facendo apoloxía da banda terrorista ETA-, finalmente resultou ser unha obra satírica na que se denunciaban os abusos de poder: entre eles, curiosamente, o escenificado por un axente de policía que colocaba nas mans da bruxa unha pancarta co eslogan "GORA ALKA-ETA" coa fin de que a condenasen por apoloxía do terrorismo. Un delicto que, ironías do destino, lles imputarían a eles mesmos, e que os mantería no cárcere varios días, para finalmente ser postos en liberdade con cargos.

Ante estes feitos:

    Manifestamos a nosa solidariedade cos membros da compañía Títeres desde Abajo, e solicitamos a retirada inmediata dos cargos contra eles. Non so a maioría do público presente na actuación, senón todos aqueles que coñecemos máis tarde o contido da obra, somos capaces de discernir entre facer propaganda dunha banda terrorista e empregar unha pancarta como atrezzo no argumento dunha obra de teatro

    Consideramos a actuación completamente desproporcionada: continuamente estamos a presenciar casos na prensa de delictos graves -corrupción,blanqueo de capitais, acoso, abusos a menores, ...- nos que os imputados son tratados con suma delicadeza en comparación: liberdades con fianza, permisos para sair do país, ... e incluso de excesivo celo defensivo por parte do ministerio fiscal.

    Condenamos o papel de certos -e non poucos- medios de comunicación que se adicaron a difundir durante as primeiras horas informacións esaxeradas, torticeras e parciais. E Instámolos a que cumplan o código deontolóxico da Federación de Asociacións de Periodistas de España, que os compromete, entre outras cuestións, a respetar e buscar a verdade contrastando as súas fontes e enmendando inmediatamente os erros que detecte usando como mínimo os mesmos medios e intensidade empregados para difundilos.

    Solicitamos que o Ministerio de Xustiza investigue ó xuiz Ismael Moreno para determinar se a súa actuación é constitutiva dun delicto de prevaricación. De considerarse aceptable a súa actuación, calquera persoa se atoparía en risco de ser acusado de tal delicto e privado de liberdade por motivos tan ridículos como o representado na obra: que alguén che pegue un papel no lombo con soflamas pro-etarras, contar un chiste, representar ou reproducir obras nas que personaxes ou situacións estean relacionadas co terrorismo, ... 

Por todo isto, sumarémonos á convocatoria das Marchas da Dignidade de Ferrolterra para realizar unha concentración de protesta este sábado 13 de febreiro ás 20:00h na Praza de Armas de Ferrol.



===============================================================================================================


Concentración en solidariedade cos Titiriteiros e en defensa dos dereitos fundamentais, sábado 13 de Febreiro na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal


Concentración en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid, este sábado 13 de Febreiro ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. 


Aínda que nun principio convocamos ás 8 da tarde, con posterioridade, a Marcha Mundial das Mulleres, convocou unha concentración á mesma hora no mesmo lugar, como é habitual sempre que se produce un asasinato machista e desta vez un novo brutal crime tiña lugar hoxe en Becerrea, a violencia machista quitou-lle a vida a outra muller, un acto máis do xenocidio contra as mulleres, só polo simple feito de se-lo. Desde asMarchas da Dignidade de Ferrolterra, non podemos mais que sentir repulsa ante este novo asasinato e imos participar neste acto de denuncia, repulsa e condolencia, neste berro de dor que pide xustiza que pide acabar con este sistema patriarcal de dominio contra as mulleres, non mais violencia contra as mulleres. Pola igualdade, o respecto e a non violencia.

As Marchas da Dignidade, como non podía ser doutro xeito, atrasaremos o tempo necesario para non facer coincidir os dous actos. Mais facemos un chamamento para participar no acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres.

Como noutros lugares da Galiza e do estado este sábado 13 de febreiro, ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal, Concentración pola retirada inmediata de tódolos cargos que hai postos contra Alfonso e Raúl, en defensa da liberdade de expresión, para reclamar a inhabilitación do xuíz Ismael Moreno que os encarcerou e a derrogación da lexislación mordaza e criminalizadora da protesta social.

||||||||||||||||

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

No comments: