Monday, June 24, 2013

LA BILBIOTECA DE FUCO BUXAN

A nosa Asociación, como continuidade aos actos do pasado ano, con motivo do falecemento de Santiago Carrillo, o noso querido amigo e Socio de Honra (Presenza nos actos de Madrid e Xixón, Homenaxe de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero), celebrará agora, o vindeiro martes 25 de xuño, dúas importantes actividades:
Ás 18 hs, no noso Local Social “Tino Deibe” (Armada Española, 32 baixo, Caranza)
Inauguración dá Biblioteca dá Asociación, que levará a denominación “SANTIAGO CARRILLO”.
Unha Biblioteca modesta, de ao redor de 1000 volumes, conseguidos a través de numerosas doazóns (Socios/as, amigos/as ou Institucións) e tamén adquiridos. Cunha vocación de especializarse en temas socio-políticos, de igualdade de xénero e da Memoria Histórica, como vehículo de coñecemento da realidade social e que estará, en breve, aberta a toda a cidadanía para a súa consulta e disfrute.

Ás 20 hs, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).
Presentación do libro “Mi testamento político” o último publicado por Santiago.

En ambos actos, abertos ao público, estará presente o seu fillo maior:
Santiago Carrillo Menéndez.

-- 
Imágenes integradas 1
Imágenes integradas 2
-------
Visita a nosa web:
 www.fucobuxan.net

No comments: