Wednesday, June 12, 2013

Ártabra 21: A xornada de Folga Xeral Comarcal en Ferrol Terra foi total - Vídeos coas intervencións de Manel Grandal, Cesareo Fraga, Auri Vázquez e Gregorio Freire - 12 de Xuño de 2013

Ártabra 21: A xornada de Folga Xeral Comarcal en Ferrol Terra foi total - Vídeos coas intervencións de Manel Grandal, Cesareo Fraga, Auri Vázquez e Gregorio Freire - 12 de Xuño de 2013

Ao mediodía transcorría polas rúas de Ferrol unha grande manifestación onde miles de persoas demanban solucións para Ferrol Terra, Eume e Ortegal. De fondo o alto índice de desemprego, a crise en empresas medianas das comarcas, o comercio e a situación do sector naval, coa practica paralización dos dous estaleiros da Ría. Promesas incumpridas nunhas comarcas en declive industrial e social, nunha zona empobrecida polas políticas dos diferentes gobernos españois e da Troika europea. 

A xornada de Folga Xeral Comarcal foi total, ao final da manifestación, sen ser posíbel que todas as persoas que participaran na marcha puideran entrar na Praza do Concello, comezou o acto co canto da Internacional, seguido das intervencións da representación sindical, rematando o acto co canto do Himno Galego, cos acordes da gaita do mestre Vitor Agulló.

Na Folga Xeral Comarcal, convocaba e estivo presente tamén a CNT, organización anarcosindicalista, que participou nos diferentes piquetes durante a xornada de folga e na marcha do mediodía. Ao non intervir na concentración final, non puidemos escoitar o seu argumentario e posicionamento, por iso achegamos o seguinte enlace [Ir a web CNT].

Nos vídeos que a continuación se publican, están as intervencións de Manel Grandal, pola CIG;  Cesareo Fraga, pola UGT; Auri Vázquez, por CCOO e Gregorio Freire, pola USTG. Estas intervencións resumen a situación e as demandas do pobo de Ferrol Terra. Ao final vai tamén o canto do Himno Galego. Por razóns técnicas no podemos ofrecer o momento onde se cantou a Internacional. 


http://youtu.be/sYIOf0geb3I



http://youtu.be/SCWX7Fbt2-s



http://youtu.be/keM6b8y7LBA



http://youtu.be/P5UDXv--ac4



http://youtu.be/1SfjMjQlf7g


Enlaces de interese
Confederacións Internacionais

No comments: