Thursday, February 21, 2013

O que esconde o tren ao porto exterior de Ferrol: Video: O que esconde o viaducto do tren ao porto e...

O que esconde o tren ao porto exterior de Ferrol: Video: O que esconde o viaducto do tren ao porto e...: Neste video recóllese simple e claramente as razóns polas que pretenden facer pasar o tren ao porto exterior sobre a ría, atravesando A Mala...




 ver un video onde se descubre a verdade sobre a construcción do tren ao porto exterior de Ferrol. Unha infraestructura que vai ser construída do peor xeito posible, causando o maior impacto medioambiental e provocando o maior perxuizo posible aos sectores productivos da Ría. Esta infraestructura, se se constrúe pola alternativa sur será o último paso para rechear a enseada da Malata, a máis grande das enseadas da ría de Ferrol (uns 1.200.000 metros cadrados de mar). O promotor deste proxecto, áinda que é financiado polo Ministerio de Fomento (e a Unión Europea?) está promovida pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao que ganaría 1.200.000 metros cadrados de terreo, para alugar, vender ou especular. Prégase toda a difusión posible deste video. Pouca xente coñece cal é a razón que hai detras deste trazado e queremos que todo o mundo se entere de esta grave situación. Gracias. Enlace ó blog: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/2013/02/video-o-que-esconde-o-viaducto-do-tren.html


O colectivo social que se opón ao trazado do tren ao porto exterior de Ferrol presentou alegacións ao proxecto informativo no ano 2010. Estas alegacións foron asinadas por unha trintena de entidades sociais de Ferrol (e duas persoas afectadas particulares) conformando un ampla fronte integrada por entidades de moi diversos ámbitos, dende asociacións de viciños ate un centro de investigación da USC, pasando por asociacións recreativas, deportivas, cofradías, etc.

Nestas alegacións recóllense todas as correccións, que a criterio destas entidades, se deben realizar para que este proxecto non supoña a morte da enseada da Malata.

A día de hoxe, non foron contestadas.

As alegacións ao proxecto poden consultarse aquí: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRQzRvMjZnQzk5dnc/edit?usp=sharing

No comments: