Tuesday, February 12, 2013

Mércores, Comisión do Parlamento Europeo que visitará Ferro

Mércores « Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

mércores 13, ás 9,45 hs diante Hotel Esperia
(Carretera de Castela /Avda da Paz - Ferrol)

O Comité Cidadán de Emerxencia precisa da túa mobilización e compromiso para arroupar a reunión que manterá coa Comisión do Parlamento Europeo que visitará Ferrol este mércores 13 de febreiro.

A visita se produce pola petición que este Comité realizou á Comisión de Peticións no ano 2007. Unha representación do Comité participará nun encontro coa Comisión no Hotel Hesperia de Ferrol, de 10 a 11hs da mañá do mércores.

O carácter de loita cidadá en defensa da Vida e da Ria, ten que quedar representado nunha concentración cidadá ás portas do hotel, que indique a esta Comisión, que é á cidadania de Ferrolterra a que está comprometida na súa defensa.

É unha oportunidade para volver a insistir na perigosidade da planta, no efecto destrutivo que ten para a nosa Ria e os postos de traballo que dependen dela, e a corrupción económica e política que acompaña desde os inicios o proceso de localización, construción e funcionamento da planta no concello de Mugardos.

Acode ás portas do Hotel Hesperia, ás 9,45 hs da mañá do mércores 13 de febreiro!

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

No comments: