Monday, July 27, 2020

reboiras, acción e corazón

Reboiras. Acción e corazón leva á pantalla un retrato fiel, construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.

TRATAMENTO

A memoria de Reboiras constrúese con:
  • Testemuñas: entrevistas a persoas que coñeceron persoalmente a Reboiras e partillaron con el vida persoal e/ou política.
  • Recreación de momentos claves.
  • Material de arquivo xa existente e documentos recollidos a través do traballo de investigación

No comments: