Monday, September 18, 2017

Acto de apoio ao referendo catalán esta terza feira na USC - INTERNACIONAL - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos

Acto de apoio ao referendo catalán esta terza feira na USC - INTERNACIONAL - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos



Senyeras



A organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego convoca esta terza feira un acto en apoio do referendo de autodeterminación de Catalunya, perseguido estes días por todos os aparatos represivos do Estado español.

IMG_6072 (1)Baixo a lenda A loita pola liberación dos pobos, trátase dunha mesa redonda en que tomarán parte Pernando Barrena, responsábel internacional de Sortu; Navia Rivas, responsábel internacional de Galiza Nova e integrante do Consello Nacional do BNG; Pau Morales, voceiro das JERC (as mocidades de ERC); e Gonzalo Bonnin, membro da sectorial internacional das JERC.

É o segundo acto que se fai no noso país en apoio á consulta autodeterminista, despois do decorrido a pasada sexta feira na Gentalha do Pichel, tamén en Compostela, coa participación de Mònica Pujades, portavoz das Assemblees de Joves per la Unitat Popular; Óscar Condamines, integrante de Universitats per la Repùblica; e Noa Presas, parlamentar do BNG e militante de Isca, a formación xuvenil organizadora do evento.

No comments: