Thursday, March 03, 2016

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, FERROLTERRRA 8 DE MARZO

A Coordinadora Local de Ferrolterra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES  como cada ano, convidamos a toda a cidadanía da comarca a sumarse á nosa voz neste 8 de marzo
DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES 
 ÁS 19:00H NA PRAZA DO INFERNIÑO DE FERROL BAIXO O LEMA
"CONSTRUÍNDO FEMINISMO
DESTRUINDO CAPITALISMO"

Coma sempre dende a MMM seguimos a traballar  para derrubar o patriarcado construíndo feminismo.

Como remate deste acto contaremos coa colaboración desinteresada de Eugenia Sanmartín, que coa súa voz, transmitiranos a forza que precisamos para seguir o resto do ano CONSTRUÍNDO FEMINISMO.


MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!

cartaz8m.png

No comments: