Thursday, December 18, 2014

I Certame Fotográfico Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller





 Certame de Fotografía “Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller” promovido pola Área da Muller da Asociación FUCO BUXÁN, de Ferrol, para salientar os valores da participación social das mulleres.
O Xurado, composto polos profesionais da fotografía: Susana Pedreira García, Xosé Abad Vidal e Jorge Capotillo Capotillo Cuadrado, e polas representantes da Área da Muller da A.C. Fuco Buxán: Susana Alaníz González, Mercedes Losada Suárez e María Teresa Martínez Vilariño,
Tras valorar moi positivamente a excelente calidade artística das cen fotos recibidas así como os valores e a emotividade que transmiten. Acordou:
Conceder o Premio en metálico de 500 €, que será entregado no mes de xaneiro en data que se comunicará, a fotografía titulada “SOS”, autor: Andrés Carrasco Ragel, de Algeciras (Cádiz).
Mencións Especiais:
Percebeiras” Autor: Felipe Carnotto, de Vigo.
No pasado sen futuro – I” Autor: Xosé A. Bocixa Rei, de Cerceda.
As tres fotografías serán publicadas no próximo número da Revista “Razón Socialista” desta Asociación, a primeira en A4 e as Mencións en A5.
Formarán parte do Almanaque 2015, que se editará en breve, o mesmo que as restantes seleccionadas pola Área da Muller para esta publicación:
Título: Autor
Benestar e civismo” Juan Quintía Valencia Fene
A evolución da muller” Juan Quintía Valencia Fene
Presenza” Novás Ferrol
Dolores” Novás Ferrol
Escribiendo mi futuro” Ana Gutiérrez Rodríguez Ferrol
Aprendiedo a aprender” Ana Gutiérrez Rodríguez Ferrol
Voluntaria en Angrois” Felipe Carnotto Vigo
Faenando” Elena Abad Martínez Ferrol
Unha Máis” Elena Abad Martínez Ferrol
Tres generaciones” Marta L. Fernández Bouzamayor Valdoviño
Fin de la jornada” Luis Mª Barrio Sáenz Logroño
Bisabuela y bisnieta” Sergio M. Ruíz Manzanares el Real

Desde a A.C. Fuco Buxán, e especialmente a Área da Muller, agradecemos a súa participación a todos/as os/as autores/as, e convidámolos a formar parte do próximo II Certame que terá lugar neste vindeiro 2015.
Engádese enlace ao Álbum das fotos premiadas e seleccionadas, Datos biográficos de Victoria e Currículum dos profesionais do Xurado.
A todas e todos, moitas grazas, e un próximo ano máis xusto e solidario.


No comments: