Wednesday, February 02, 2022

Comité Cidadán de Emerxencia con RAFAEL PILLADO

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


O CCE CON RAFAEL PILLADO

Desde este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, compartimos, con tanta xente amiga, a dor e o sentimento pola grave enfermidade que afecta ao noso querido compañeiro Rafael Pillado Lista, cofundador deste CCE en defensa dá Ría, a Legalidade e a Vida, referente histórico da loita obreira, cofundador das CCOO, militante comunista desde 1960 e entregado sempre, desde os partidos e as organizacións de esquerdas e o movemento asociativo e cultural á loita polas conquistas sociais e democráticas e a favorecer sempre aos máis necesitados.

A Rafael acábanlle de diagnosticar un mesotelioma pulmonar, producido polo Amianto, que envenena a tantos traballadores do Naval, e doutras moitas industrias e a unha parte da cidadanía que inocentemente o sufriu cando os poderes públicos e as empresas eran conscientes e calaban o dano que producía.

Firme nas súas conviccións, de defensa do social antes que o persoal, quere dar a batalla para que os culpables paguen as consecuencias e estes feitos teñan máis difícil a súa repetición. Nesa batalla, desde este CCE estaremos ao seu lado con todas as nosas forzas. O escrito por él feito publico defíneo mellor que as nosas palabras.

Estimadas amigas e amigos: estes días recibín a mala noticia de que padezo cancro. Cancro producido polo amianto. Un mesotelioma que limita o meu tempo de vida.

No transcurso de ese tempo, quero pedirvos que informedes a todo o mundo. Non quero que a niña enfermidade e a de tantos afectados, sexa clandestina. Pretendo ademáis que a miña reclamación sexa ocasión para denunciar aos responsables dos nosos asesinatos silenciosos. Unha dictadura fascista que tras ser financiada pola Banca March, recibeu do dictador autorización, en exclusiva, para importar sin límites, o amianto, e que a través de Uralita contaminou as augas, as terras, os tellados i edificacións, e matou e segue matando a miles de persoas.

Pretendo tamén contribuir, mentras dure, á celebración do 50 Aniversario do 10 de marzo de 1972.

Aperta forte, sempre. Rafael Pillado

 






--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

No comments: