Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra para o vindeiro día 25
por RedacciónA Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres vén de convocar o acto central da bisbarra ás 19 hs, na Praza da Gándara de Narón. As mulleres reciben múltiples violencias en maior ou menor grado na vida diaria: económica, sexual, psicoloxica, fisica, reprodutiva obstetrica, laboral, institucional.
Neste 25 de Novembro a Marcha Mundial das Mulleres reivindica a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista. No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que ainda afrontar dende o feminismo, malia as campañas de chamadas a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a idenfensión que sobren as mulleres neses procesos de denuncia. Vense constatando que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriarcado segue colocando as vidas en perigo. Por iso, nesta xeira, a Marcha Mundial das Mulleres fala de autodefensa e organización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica mas tamén fronte á económica e institucional co alvo de construír alternativas para a vida para defenderense das violencias que atravesan o seu corpo, a súa vida e os seus espazos.
No comments:
Post a Comment