Thursday, September 04, 2014

Anova no participará en la Marea Ártabra si solo es una “marca” de AGE -

Anova no participará en la Marea Ártabra si solo es una “marca” de AGE - Ferrol - Diario de Ferrol

Anova no participará en la Marea Ártabra si solo es una “marca” de AGE

 | Actualizado 04 Septiembre 2014 -
Rueda de prensa en Sargadelos

Rueda de prensa en Sargadelos



Los representantes de Anova  Xosé Manuel Pazo, César Manso y Adrián Nación manifestaron ayer su disconformidad con la forma en la que se ha dado a conocer la plataforma Marea Ártabra. Así, explicaron que se asocia a las formaciones Anova, EU-IU y Espazo Ecosocialista, cuando la idea es formar un proyecto abierto a otros partidos y entidades, en el que el protagonismo lo tenga la ciudadanía y no unas siglas políticas.

Xosé Manuel Pazo señaló que el manifiesto dado a conocer como Marea Ártabra “é a estación de partida” para sumar colectivos, personas a título individual y también otros partidos políticos, pero no “un proceso final”, como, a su juicio, parece haberse dado a entender tras las declaraciones de representantes de EU y Ecosocialistas. En este sentido, César Manso fue rotundo al aclarar que “AGE non se vai presentar en Ferrol ás eleccións municipais” porque Anova quiere integrarse en una candidatura abierta y ciudadana y explicó que si Marea Ártabra se limita a ser una “marca” en Ferrol de la coalición que forma AGE, Anova no estará en ella.

Anova asegura que en la reu-nión mantenida con EU y Espazo Ecosocialista se acordó “prescindir de siglas” pero achacó a “filtracións interesadas” que se hablase de estas formaciones políticas “cando na roda de prensa na que se comentou, nin sequera estaba Anova presente”, indicó Pazo.

Anova aludió a que “nin estamos no 31 nin somos unha nova fronte popular” por lo que lo que pretende Marea Ártabra es dar protagonismo a la ciudadanía que inició sus protestas estos últimos dos años y dar un paso atrás las organizaciones. Dejó así claro que la Marea "é un proceso cidadán, que parte dun manifiesto de integración e non se trata de tres forzas políticas unidas baixo unhas siglas”.  




PALABRAS  DE SUSO BASTERRECHEA, E MANIFESTO

O primeiro de todo agradecer a posibilidade de achegar este manifesto para o que se busca o teu apoio explícito. Como queira que son eu o que persoalmente te pide ese compromiso gustaríame ser o máis sincero posible e tratar de explicar cal é a situación e as metas a alcanzar. É un proceso ilusionante pero tamén complicado, algúns estámonos a implicar a fondo pero o que menos me gustaría é romper a confianza ou coñecemento persoal que nos une. Seguramente algunhas cousas non sairán como a todos nos gustaría pero iso xa formará parte dun traballo conxunto. Toda esta información pretendíase trasladar con máis tranquilidade pero xa chegou ás mans da prensa segundo as nosas informacións e é posible non se explique ben o que realmente pretendemos.
 Este manifesto é o principio dun proceso público e asembleario para elaborar un programa e escoller un equipo que o represente e poida executalo coa maior garantía posible. Insisto niso porque esta marea (que inicialmente se autodenomina Artabra) ten a vocación de alcanzar o goberno da cidade. Este movemento está aberto a particulares, asociacións, entidades e forzas políticas. Estanse a solicitar apoios de persoas con máis ou maior significación que poida servir de arranque e enganche á maior cantidade posible de colectivos. A cousa parece camiñar por bo camiño e existe unha enorme receptividade e ganas de implicarse. Con respecto ás forzas políticas quero, por ser un dos aspectos que poden resultar máis controvertido, indicar que neste momento as forzas que o avalan son Esquerda UnidaAnova eEspazoecosocialista. Realmente como é doado constatar corresponden a AGE menos Equo (resultounos imposible atopar representación agora mesmo na bisbarra, intentouse) A idea por suposto é unir a outras organizacións cun ideario de esquerdas claro (nas súas moitas variantes) Quero sinalar que se estableceron contactos (máis ou menos formais) para sondar posibilidades pero a situación dalgunhas destas organizacións con asembleas fundamentais nos próximos meses dificulta unha posición destas.  Nós respectamos por suposto os prazos de cada un, loxicamente temos claro que se non se suman máis isto pode quedar coxo. A posición previa varía dunhas a outras e mesmo dentro destas. Entendemos que este manifesto pode contribuír a acelerar ou simplificar procesos que poden resultar imprescindibles máis se como parece o PP"ejecuta" como así parece a súa reforma electoral. Non me engano nin quero enganarvos seguro que en todo isto se van producir malos entendidos e reproches, cada un terá que asumir e ser xenerosos. É un camiño difícil, no persoal como coordinador e parte de Esquerda Unida sinalo que temos os nosos temores, Ferrolterra é a bisbarra onde máis presencia temos e con representación institucional, temos moito que perder pero non hai outro camiño. Os personalismos non deben ser o problema, eu dende logo non o vou ser, o que nos xogamos é moito máis importante. Quedan moitos temas pendentes, algúns que poden parecer secundarios son realmente importantes. É necesario crear vínculos con outras mareas da provincia para poder computar conxuntamente nos postos das deputacións. É un organismo evidentemente anacrónico pero que coa reforma da administración local tamén "perpetrada" polo PP vai controlar boa parte dos recursos e posibilidades de levar adiante actuacións políticas nos concellos. Queda tamén o asunto de recursos para campaña e demás...no teño respostas para todo iso, é unha cuestión a xestionar e decidir entre todos.
 Ben, creo que nada máis de momento. Quedo á vosa disposición para calquera explicación ou dubida que poida xurdir, tanto por medio de correo electrónico como diante dun café que sempre é máis agradable.Novamente grazas pola atención á marxe da decisión que adoptedes e una aperta.

Suso Basterrechea


MANIFESTO

O vindeiro mes de maio están convocadas as eleccións municipais e en Ferrolterra preséntasenos unha ocasión única para construír, dende abaixo, alternativas de goberno municipal que estean á altura das circunstancias. As mobilizacións que se veñen producindo nos últimos anos como reacción ao desmantelamento progresivo de dereitos e liberdades custosamente conquistados son o síntoma dunha sociedade que non atura máis desigualdade. A sociedade é consciente de que a alianza perfecta de intereses entre o poder económico e o bipartidismo harmónico son a causa de todos os males que estamos a padecer.

Si, o problema está na acción política de quen nos goberna pero a solución tamén esta aí, na política, nos gobernos. Precisamos dunha marea cidadá que poña por diante as persoas e acabe cos privilexios dos de arriba. Tan simple como reivindicar para a maioría social o que é da maioría social. Ferrolterra é unha bisbarra de tradición de loita obreira e de forte calado sociocultural. Somos quen de organizarnos contra o poder corrupto, así o demostramos na historia, en marzo do 72 e en todas as loitas por recuperar dereitos que nos pertencen, batallas nas que moitos e moitas sufriron cadea, tortura, represión ou incluso morte. Reivindiquemos o noso pasado de vitoria do pobo fronte ao poder, traiamos a dignidade ao noso presente, e comecemos a tecer un futuro novo, construído entre todos e todas, onde cada voz teña o mesmo valor ca outra.

Os gobernos que nos rexen dan as costas ao sufrimento e á desesperación dos nosos veciños e veciñas, que non soportan máis desindustrialización, máis malgasto, máis agresións medio ambientais, máis política social baseada na caridade, máis precarización do emprego e da vida mesma. Fronte a esta política que quere converter a nosa comarca nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, a cidadanía de Ferrolterra debe ter a capacidade de organizarse, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver a Ferrol as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, un Ferrol participativo e con políticas orientadas por e para a xente do común.

É a hora de abrir as xanelas e deixar paso á Marea Ártabra, unha marea de aire novo, a marea do pobo de Ferrol, da inmensa maioría que sufre os recortes de dereitos, unha marea das xentes que queren varrer do mapa e para sempre a política dos que gobernan para uns poucos e xestionar e rexer nós mesmos/as os nosos destinos.

Porque somos maioría as persoas que queremos alcaldías que veñan a servir á cidade e non a servirse da cidade, que pensamos que os cargos públicos deben estar ao servizo dos e das cidadáns e non dos seus partidos, que queremos un Concello que defenda os intereses estratéxicos da cidade, que temos a certeza de que unha alternativa común, unha candidatura cidadá e plural a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas pode devolver o Concello á cidadanía.

Por iso, nós, compoñentes desta marea ártabra, queremos alentar un proceso asembleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, subliñando a importancia que teñen os Concellos como espazos de participación, transformación e emancipación, proceso que necesariamente debe culminar coa convocatoria dunha grande asemblea cidadá, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.

PALABRAS MIÑAS

POR FAVOR, NON COMETADES ERROS, VELLOS ERROS. HAI TEMPO DE CORREXIR, SEMPRE HAI TEMPO, PERO XA.
O PROGRAMA COMÚN TEN QUE VEÑIR DADO POR A PRESIÓN DOS E DAS CIDADANS. NADA DE PROTAGONISMOS. XENEROSIDADE E PROPOSTAS PRA ADMINISTRAR UNHA CIDADE DOBLADA EN CACHOS.

No comments: