Laura Bugalho rexeita a oferta da Fiscalía de 'xuízo rápido' e redución dun terzo na petición de pena
Despois de case catro anos de espera, a Fiscalía vén de propoñerlle a Laura Bugalho a celebración dunxuízo rápido e unha redución dun terzo na petición de pena. Porén, a activista rexeitou por completo esta oferta e afirmou que non aceptará pena ningunha. É o novo capítulo nun caso inzado de sombras e de irregularidades, ás que este mércores na vista oral se uniu o feito de que a acusación non se persoo nos xulgados de Compostela.
Este proceso aberto contra Laura Bugalho, que probablemente celebrará en maio o seu xuízo, continúa camiñando en paralelo co xuízo contra os responsables da trama de estafa a inmigrantes destapada grazas á propia Bugalho naOperación Peregrino e cuxo proceso aínda non se resolveu. Neste caso están implicadas "persoas con moito poder", denuncia.
Pouco despois das nove da mañá Laura Bugalho chegou aos xulgados de Compostela e alí atopou o alento de ducias de persoas que se achegaran para manifestarlle a súa solidariedade e apoio. Un grupo moi numeroso que se foi incrementando ao longo da mañá, nas case tres horas que durou a declaración de Bugalho ante a xuíza Ana López-Suevos. No transcurso desta concentración os representantes do Foro Galego de Inmigración leron un comunicado de apoio que alerta da "criminalización de la población inmigrante" e da "persecución sistemática cara a este colectivo en Galicia".
SEGUIR LENDO en PRAZA PUBLICA
En maio resolverase este xuízo no que segue sen concretarse a pena que a acusación pide para ela, que podería chegar aos seis anos
No comments:
Post a Comment