Tuesday, March 27, 2012

"LA LLAVE INGLESA"

A no 1966, Madrid, E.T.S. de TelecomunicaciTodo canto libro valese para estudar as novas materias vin ingl Na aula xuntnse catro ferrolterr que os colegas consideraban coma extraterrestres, porque compraban libros americanos, didicos, magnificamente ilustrados. Para m abraio de rapaces de toda Espadaquela sbunha escola de Telecomunicacio pa, dous ferrol de portas adentro falaban inglfluently porque xa de cativiforan a unha miss.

Ferrol me fecit, parafraseaba Torrente a Graham Greene; e Guillermo Ferrez explo en La llave inglesa, libriue Rajoy debter de cabeceira estes d. Pena que o serexistrador non comprenda o inglnin saiba de tecnolox Pero si pode entender a sese do Ferrez, que tame Letras: Non ue Ferrol lle deba a sistencia a unha decisiomada en Madrid por un ilustrado con visio marqude La Ensenada (o cal erto). que Espale debe a Ferrol (asa de aluviue caeu por Esteiro e A Madalena) o seu poder naval desde Jorge Juan e Ulloa ata hoxe; e ue, grazas a Ferrol, desde Noruega a Australia os Gobernos saben que en Espae fan barcos de guerra, os vehlos que xuntan m tecnolox de cantos os humanos fan.

Xa abonda de prexubilacie comento cesante en Ferrol. Se o Estado ten que elixir, que elixa entre reavivar o cemento, a falta de ladrillo, ou aproveitar a maior concentracie know-how tecnolo per cta de Espa

A da Ferrolterra.

«La llave inglesa»
XAVIER ALCALÁ
26 de marzo de 2012 06:00
15 votos
A no 1966, Madrid, E.T.S. de Telecomunicación. Todo canto libro valese para estudar as novas materias viña en inglés. Na aula xuntábanse catro ferrolterráns que os colegas consideraban coma extraterrestres, porque compraban libros americanos, didácticos, magnificamente ilustrados. Para máis abraio de rapaces de toda España (daquela só había unha escola de Telecomunicación no país), dous ferroláns de «portas adentro» falaban inglés fluently porque xa de cativiños foran a unha miss.
Ferrol me fecit, parafraseaba Torrente a Graham Greene; e Guillermo Ferrández explícao en La llave inglesa, libriño que Rajoy debía ter de cabeceira estes días. Pena que o señor rexistrador non comprenda o inglés nin saiba de tecnoloxía. Pero si pode entender a síntese do Ferrández, que tamén é de Letras: Non é que Ferrol lle deba a súa existencia a unha decisión tomada en Madrid por un ilustrado con visión, o marqués de La Ensenada (o cal é certo). É que España lle debe a Ferrol (á masa de aluvión que caeu por Esteiro e A Madalena) o seu poder naval desde Jorge Juan e Ulloa ata hoxe; e é que, grazas a Ferrol, desde Noruega a Australia os Gobernos saben que en España se fan barcos de guerra, os vehículos que xuntan máis tecnoloxías de cantos os humanos fan.
Xa abonda de prexubilacións e coñecemento cesante en Ferrol. Se o Estado ten que elixir, que elixa entre reavivar o cemento, a falta de ladrillo, ou aproveitar a maior concentración de know-how tecnolóxico per cápita de España:
A da Ferrolterra.

No comments: