MIRÁBANNOS ÓS LABIOS E ASUSTÁBANSE ésa é a leoa que vagabundea en circulos polares a que brama en desvarío ártico a súa mudez de minifundio ¿Cal a razon que se acompase ó incendio? Baixaron por min as eguas desde o alto enlouquecidas sen luz a s familias que esperan tamen so talos dos amantes se impacientan Os estados inclinados non toleran as garzas na sua horizontalidade de aire hai algo que repele Pero a felina non é nin do frio só quebranto un alarde de vontade que se enquista na daga incomprensible e estraña "Minteme Que nada posúa do glaciar tampouco a estrábica dor instaurada" Indague como moldea o frio o seu corpo sedado de que maneira se sobrevén o estigma galopando e intente despois o incendio na boca que devasta E ninguén quentaria as mans nas lapas ártica a consciencia e mutilada
paginas
salud
Thursday, October 27, 2011
Untitled
AS NENAS
ESTAN saltando á comba entre cereixas
poderia ser verán
un arco tensarse por dentro
e abismarse o ceo entre as mans
de repente
O nome
o enderezo
aprender non
A interdependencia
foi un árduo quererse lentamente
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment