[[posterous-content:pid___0]]
MIRÁBANNOS ÓS LABIOS E ASUSTÁBANSE
ésa é a leoa que vagabundea en circulos polares
a que brama en desvarío ártico a súa mudez
de minifundio
¿Cal a razon que se acompase ó incendio?
Baixaron por min as eguas desde o alto enlouquecidas
sen luz a s familias que esperan
tamen so talos dos amantes se impacientan
Os estados inclinados non toleran as garzas
na sua horizontalidade de aire hai algo que repele
Pero a felina non é nin do frio
só quebranto
un alarde de vontade que se enquista na daga
incomprensible e estraña
"Minteme
Que nada posúa do glaciar
tampouco a estrábica dor
instaurada"
Indague
como moldea o frio o seu corpo sedado
de que maneira se sobrevén o estigma
galopando
e intente despois
o incendio na boca
que devasta
E ninguén quentaria as mans nas lapas
ártica a consciencia
e mutilada
No comments:
Post a Comment