Foto de José Pardo - Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol - 10.11.2017
Pedimos a todos os grupos municipais que se opoñan a levantar a suspensión da taxa - ... pola inviabilidade de que Emafesa poda executar a xestión do sistema, polo que pedimos que se esixa á Xunta de Galicia que encargue a depuración a Augas de Galicia, responsábel principal deste servizo - A situación actual resolveríase convertendo a Emafesa nunha empresa 100% pública e devolvendo a depuradora á Xunta de Galicia.
Chamamos á cidadanía a participar no pleno extraordinario, este mércores 15 de novembro, pola mañá, ás 9 da mañá, onde o goberno de Jorge Suárez pretende recuperar a taxa do Partido Popular, para mostrar o noso rechazo ante esta desfeita do que debera ser unha política de defensa do ben común, que se converte na defensa dos intereses dunha corporación privada que dita, baixo chantaxe e ameazas a política municipal deste goberno.
COMUNICADO DA PLATAFORMA - 14 DE NOVEMBRO DE 2017O Pasado 7 de setembro, esta Plataforma emitía un comunicado[1] completo e argumentado, sobre o sistema de saneamento e depuración das augas residuais de Ferrol e Narón, onde rexeitabamos de plano que Emafesa puidera ser a que xestionara o sistema, entre outras irregularidades, por non cumprir coa lexislación ao respecto, e porque se soporta nunha cadea de encomendas de xestión irregulares, cuxo único obxectivo foi poñer en mans da empresa mixta de augas este servizo. Unha estratexia montada, que resultará moi prexudicial para as abonadas de Ferrol e Narón. Unha empresa endebedada até a medula, e un sistema de depuración nun limbo legal, desde que caducou o anterior convenio de 2014, en 9 de xuño de 2016, até que se asinou este novo Convenio o 1 de Agosto deste ano 2017, ao que non se lle deu publicidade no DOG até o 9 de Outubro.[2] Un funcionamento sen cobertura legal, faltando transparencia e participación cidadá en todo momento do procedemento administrativo, onde as numerosas preguntas e peticións de documentación feitas por rexistro, nunca foron atendidas.
A Plataforma exixe ao goberno municipal, facer unha auditoría real e integral sobre a xestión e a situación económica financeira de Emafesa, que inicie o proceso de rescate da xestión do servizo da auga, denuncie o Convenio con Augas de Galicia e lle entregue a xestión da depuradora, até que se cre un sistema supramunicipal de xestión, devolva a taxa indebidamente cobrada e comece cun proceso transparente e participado.
No pleno do pasado día 10 de Novembro, convocado unicamente para tratar o levantamento da suspensión da taxa, ouviuse de todo. Algúns concelleiros argumentaban que a taxa proposta a votación presentaba indicios de ilegalidade. Outros denunciaban que o Alcalde, facéndose portavoz da parte privada de Emafesa, os ameazase con repercusión legais. Tamén se dixo que o goberno municipal non fora receptivo a escoitar alternativas ofrecidas por grupos da oposición, as cales poderían axudar a solucionar este conflito. En todo caso, de consolidarse o conflito entre o Concello de Ferrol e a empresa mixta Emafesa, presentando esta última a petición de disolución ante do xulgado, a responsabilidade débena asumir todas as partes involucradas: Augas de Galicia, o goberno municipal de Ferrol e a parte privada de Emafesa (Socamex).
A actitude mantida polo goberno municipal de Ferrol nun tema tan importante como é o saneamento das augas residuais é inadmisíbel nunha sociedade que se define libre, democrática e participativa, que se asente nuns valores e principios non manipulábeis nin negociábeis. A xestión pública dos servizos comúns debe ser transparente e participada. A situación actual resolveríase convertendo a Emafesa nunha empresa 100% pública e devolvendo a depuradora á Xunta de Galicia.
Recordamos á cidadanía de Ferrol os seguintes feitos sobre este servizo municipal:
▲ Emafesa non ten un contrato que a lexitime para realizar a depuración nin tampouco para executar unhas obras que realizou no sistema sen o obrigado control e sen pliegos técnicos. Estes traballos deberían ser, en calquera caso, responsabilidade de Augas de Galicia.
▲ O Concello de Narón non asinou aínda ningún Convenio sobre a prestación deste servizo, nin tampouco acepta que sexa Emafesa o xestor do sistema de saneamento. Por outra banda só está disposto a pagar o coeficiente de vertedura establecido pola Lei de Augas de Galicia[3]. Isto quere dicir que, previsiblemente, de non mudar esta situación, serán os abonados e abonadas de Ferrol quen soporten o custo total da depuración de ambos concellos.
▲ Emafesa ten aínda sen aprobar os seus balances económicos anuais correspondentes aos anos 2014, 2015 e 2016. Tampouco o Concello de Ferrol logrou dispoñer da auditoría económica tantas veces anunciada e prometida.
▲ Todos os estudos realizados para o cálculo da taxa foron elaborados por Emafesa e non por unha terceira parte independente como debe ser obrigado.
En vista do anterior:
Pedimos a todos os grupos municipais que se opoñan a levantar a suspensión da taxa, non só pola falta de análise en detalle tanto dos custos incluídos na mesma como dos gastos até agora incorridos en reparacións, postas a punto e pola falta de acordo con Narón de como vai pagar polo servizo, senón tamén pola inviabilidade de que Emafesa poda executar a xestión do sistema, polo que pedimos que se esixa á Xunta de Galicia que encargue a depuración a Augas de Galicia, responsábel principal deste servizo.Dada a deriva e arbitrariedade que este asunto está tomando, realizaremos un informe completo das efemérides e accións levadas a cabo por todas as partes, para o seu envío á Fiscalía e aos organismos de control das administracións públicas no caso de conflito con Emafesa.
Notas.-
[1] Comunicado da Plataforma do 7 de setembro de 2017 | http://plataformaferrol.blogsp
[2] RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2017, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2017. | DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 | http://www.xunta.gal/dog/Publi
[3] Artigo 52º e Artigo 68º.4 da LEI 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. |https://www.xunta.gal/dog/Pub
--
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
gmail.com
https://plataformaferrol.blogs pot.com.es/
Pódese, débese e precísase!
- Alexandre Carrodeguas | 690612737
- Fernando Ramos | 622932443
- Pablo Portero | 659855805
- Bernardo Rego | 603772650
- Lupe Ces | 652201003
https://plataformaferrol.blogs
No comments:
Post a Comment