Wednesday, September 20, 2017

Concentracións de apoio ao referendo catalá na Galiza | Ollaparo. O universal é o local sen muros

Concentracións de apoio ao referendo catalá na Galiza | Ollaparo. O universal é o local sen muros



A Plataforma Galiza con Catalunya denuncia que se está a “poñer en evidencia que se está aplicando o artigo 155 da Constitución de maneira encuberta”. Esta plataforma anunciou a convocatoria dunha manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro sábado día 30 de setembro, con saída ás 12:00 horas da Alameda, “en apoio á democracia e ao dereito a decidir do pobo catalán”.

Nas últimas horas houbo concentracións en Galiza para denunciar e rexeitar o operativo que se está a desenvolver en Catalunya. Varios centos de persoas na Coruña na que o escritor Manuel Rivas leu un manifesto no que apelou a defender “o dereito dos cataláns a decidir libremente o seu futuro” e asegurou que “está en xogo a defensa dos dereitos da cidadanía”. O acto rematou ao son de L’estaca, de Lluís Llach.
Tamén onte celebrábase na Facultade de Filosofía de Santiago unha mesa redonda de acceso libre no que asistiu un cento de persoas, convocado sob a lenda “A loita pola liberación dos pobos”  organizado por Galiza Nova, coa participación do portavoz das xuventudes e membro da executiva de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Pau Morales; a responsabel de internacional de Galiza Nova, Navia Rivas; e o coordinador de relacións internacionáis do BNG, Rubén Cela. O venres pasado Isca organizou outro acto  na Gentalha do Pichel de Compostela con Mònica Pujadas, portavoz das AJUP (Assemblees de Joves per la Unitat Popular), Òscar Condomines, membro do movemento estudantil pola independencia, Universitats per la República e Noa Presas, militante de Isca! e deputada do BNG no Parlamento Galego.

No comments: