A organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego convoca esta terza feira un acto en apoio do referendo de autodeterminación de Catalunya, perseguido estes días por todos os aparatos represivos do Estado español.
É o segundo acto que se fai no noso país en apoio á consulta autodeterminista, despois do decorrido a pasada sexta feira na Gentalha do Pichel, tamén en Compostela, coa participación de Mònica Pujades, portavoz das Assemblees de Joves per la Unitat Popular; Óscar Condamines, integrante de Universitats per la Repùblica; e Noa Presas, parlamentar do BNG e militante de Isca, a formación xuvenil organizadora do evento.
No comments:
Post a Comment