NA DEFENSA DO POBO CATALÁN AO DEREITO A DECIDIR O SEU FUTURO
Durante os últimos anos, se veñen sucedendo mobilizacións o punto de inflexión é a aprobación no ano 2005 polo parlamento catalán dun novo Estatuto coa única oposición do PP e aprobado en referendo polo pobo catalán. O PP interpuxo recurso de inconstitucionalidade ante o TC que modificuo o Estatuto. Estas mobilizacións expresan o descontento de amplas capas da poboación de Catalunya coa relación actual dentro do Estado, o sentimento independentista medrou de xeito exponencial e unha inmensa maioría reclama ou dereito a decidir.
O PP constitúe o factor fundamental neste feito, removendo o anticatalanismo máis primario rachando así o pacto do ano 78.
Dende entón, o inmovilismo- suposta defensa da legalidade constitucional - do Goberno de Rajoy, negándose a poñer encima da mesa calquera proposta que tivera en conta a actual realidade amosada pola cidadania catalán. Agora aplica un estado de excepción encuberto en Catalunya; utilización partidista dos órganismos do Estado que van desde o TC á Fiscalía pasando polo desprazamento de policías e gardas civís para deter a cargos do Goberno da Generalitat, rexistros nas imprentas e sedes das organizacións cívicas, e impedir a realización do referendo promovido polo parlamento de Catalunya
Invéntanse falsas campañas, basta recordar a conversa “Isto a fiscalía afínacho” entre o ministro Fernandez Díaz e o Xefe da Oficina Antifraude Daniel de Alfonso con fin de desprestixiar a representantes públicos cataláns.
O involucionismo do Goberno de Rajoy, amosa o seu grado de irresponsabilidad política e non se circunscribe a Catalunya, asistimos a unha regresión de dereitos - entre outros Reforma Laboral, Lei Mordaza, Lomce, Código Penal - e dás libertades democráticas, impedindo actos públicos, debates ou manifestacións.
Un feito como a Asemblea de representantes e cargos públicos celebrada en Zaragoza pola iniciativa de Podemos sufriu o acoso de grupos fascistas, ante a pasividade e indiferenza da policía, e é presentado polos medios de comunicación públicos e privados como unha concentración pola unidade de España.
Rajoy e o seu Goberno da corrupción son un risco para a democracia en España, urxe un acordo entre as forzas democráticas para garantila que configure un Goberno de ampla base e abra unha saída política negociada coa Generalitat, para establecer un acordo para un referendo pactado no que o pobo catalán poida manifestar a súa opinión sobre a relación co Estado.
Así mesmo #FucoBuxán chama ao pobo galego a mobilizarse na defensa das libertades democráticas e nacionais fronte ao neofranquismo que representa o PP.
Ferrol, 28 Setembro 2017
Con #Catalunya