Sunday, January 08, 2017

Ateneo Ferrolán: Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia. Luns 9 xaneiro ás 19 h.

Ateneo Ferrolán: Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia. Luns 9 xaneiro ás 19 h.







Quérennos en soidade, terannos en común”

Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia 
que terá lugar o luns 9 de xaneiro ás 19 hs. no salón de actos do #AteneoFerrolán

Tamén proxectarase a curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma.

Poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.

Para abordar todo isto e moito máis contaremos con activistas da Asembleia Aberta de Coia.

Esta actividade, organizada pola Asembleia Aberta de Coia, está enmarcada na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.

--
Enviado por Blogger a Ateneo Ferrolán o 1/04/2017 12:35:00 p.m.




-- 

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

No comments: