Envía www.f-cape.org - Colectivo universitario opositor a ubicación da planta de gas licuado na ría de Ferrol (Galicia)
Enviamos comunicado do CCE:
A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, ADEGA, acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción”.
O CCE acolle esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos.
Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, estiveron moi presentes no fallo deste ano.
Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partires das 14:30h no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, r/ Comandante Fontanes 19, A Coruña).
Máis información na Web de ADEGA
Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) para a Ría de Ferrolcomitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España: 00493315772894017995
Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995
www.comitecidadan.org
...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España: 00493315772894017995
Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995
No comments:
Post a Comment