Monday, May 06, 2013

Nin palabra nin xitano, ... Por Agustín Vega Cortés

Ártabra 21: Nin palabra nin xitano, ... Por Agustín Vega Cortés


Por Agustín Vega Cortés [*]
05.05.2013


Enumerar aquí todos os programas de televisión que se teñen realizado sobre o pobo xitano, é unha tarefa tan ardua como inútil. Estou por dicir que non existe en España unha soa cadea de televisión, e mira  que hai unhas cantas, que non teñan emitido nos últimos 30 anos, varios documentais dedicados a esa parte da poboación española sobre a que se  pode dicir todas as sandeces que se lle ocorran a calquera sen preocuparse nin o máis mínimo do que poda pasar. Vénseme á memoria un antigo espazo de debate, non lembro de que cadea televisiva, no que participaban  Pilar Rahola e Ramoncín, entre outras insignes figuras da intelectualidade protozapaterista.  Aquel día estaban debatendo, é un dicir, sobre o tráfico de drogas en cidades como Madrid ou Barcelona. Nun momento determinado, un dos presentes, imaxino que por facerse o inocente, preguntou canto custaba unha papelina  ou un chute no “mercado libre”. Entón, a inefable  Pilar Rahola, contestou que “os xitanos véndeno a unhas 3000 pesetas e os negros a  3500”.  Ao momento, Ramoncín, saltou na cadeira gritando: “¡Pilar, a referencia aos negros  paréceme puro racismo impropio dunha persoa como ti, e esixo que retires esas palabras!”. “Retíroas porque non tiña ningunha intención de insultar ás persoas de color. Eu só quería comparar os prezos duns e doutros”, apresurouse a contestar a coñecida e polivalente telepolitica. Dito o cal, proseguiu o debate, ou o que fose aquelo, sen que a ninguén se lle ocorrera pensar sequera por un momento,  que tamén se tiña insultado aos xitanos e xitanas.  

Os programas das televisións de agora sobre la poboación xitana, son todos iguais; pura bazofia mentireira e ofensiva. Moitas chabolas, moitos ionquis e traficantes de droga, moitas crianzas espidas cos mocos colgando e moitas vodas xitanas coa proba do pano. Sempre as mesmas imaxes e os mesmos guións. As mesmas personaxes con sombreiro e caxato dicindo as mesmas parvadas de sempre que son as que lle piden que digan: a lei xitana, la vinganza xitana, a honra xitana. Concluíndo, o esperpento de sempre. Mentira parece que 40 años despois, teñamos que sentir morriña de series de TVE como “Rito e xeografía do cante” e outras parecidas,  nas que colaboraban intelectuais como Caballero Bonald ou Fernando Quiñones, realizadas en pleno franquismo, pero que nos mostraban unha xitanidade verdadeira, humilde e pobre, pero investida dunha inmensa dignidade e portadora dun dos sinais de identidade máis esenciais da cultura española, o flamenco, que é, ou era, algo máis que unha música. Por sorte, hoxe en  día, e grazas ás redes sociais, estes documentos audiovisuais están ao alcance de todo o mundo. Quen non os goza é porque non quere. 

O da televisión de agora, é algo que non ten remedio. A telelixo vende máis que ningunha outra cousa e o que importa é a audiencia para gañar diñeiro cos anuncios. Alén diso, os segmentos da poboación máis influenciables pola publicidade consumista, non son precisamente os que ven os documentais da 2. Telelixo, publicidade e consumismo desaforado, forman parte dun sistema social no que se potencia o idiotismo porque así todo funciona á perfección. Que podemos esperar dunha televisión que emite programas nos que un grupo de mulleres mozas compiten a pelexas entre si por deitarse cun individuo musculoso cuxa capacidade intelectual é inferior á de calquera chimpancé minimamente entrenado? Que se pode esperar dunha televisión que fai un espectáculo da vida dunha familia na que mozos descerebrados e crueis adícanse a maltratar á súa familia?  E o que é peor: que podemos agardar dunha audiencia que no lugar de boicotear eses programas convérteos nos de maior éxito e animan ás cadeas a dar un paso máis no camiño do sensacionalismo máis radical, e do embrutecemento dunha poboación cada día máis inculta e máis manipulable?  Polo tanto, no vou esforzarme demasiado por desmentir os contidos dese lixo de programa chamado “Palabra de Xitano”. Só direi que todo o que sae nel é mentira,  ou está manipulado. Os xitanos e as xitanas non somos así. Así é como nos ven os que imaxinaron e realizaron o programa porque nos miran con ollos racistas cheos de prexuizos, e porque o que buscan é a morbosidade e o esperpento.

Certo é que contaron cun grupo de individuos xitanos que colaboraron, pero eles saberán por que o fixeron. Non somos así. Ao mellor o son os que saíron no programa, non o sei, pero non teñen dereito a falar no nome dos demais. Que o fagan no nome da súa familia si pensan así. Que o fagan no nome de quen lles teña dado permiso para facelo, pero non no meu nome, non no nome da miña familia, no nome de centos de miles de persoas que nada teñen a ver con esa imaxe. 

Eu, que son xitano porque o eran os meus pais e os pais dos meus pais e porque quero selo, declaro que non estou de acordo en nada do que nese programa se ten dito sobre nós. Declaro que non me identifico con eses ritos e eses costumes da forma que teñen sido presentados e defendidos polos xitanos que aparecen no programa. Declaro que creo na igualdade plena do home e da muller. Defendo que todas as persoas homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e as mesmas liberdades, incluída a liberdade sexual. Declaro que non acepto máis leis que as que son comúns para todos os españois e que non acepto máis tribunais que os legalmente establecidos. Creo que a dignidade do ser humano, e seu dereito a realizarse como persoa, e ser feliz, están por riba de calquera tradición ou costume. Creo que  todos os grupos étnicos teñen dereito a manter a súa cultura, pero esta ten que ser compatible coa cultura humana universal que se inspire nos valores da non violencia, da paz, da igualdade e a liberdade e cos dereitos dos individuos. E creo que precisamente poboacións minoritarias como a nosa, que sempre teñen sido marxinadas e desprezadas, deben ser as principais defensoras deses valores, porque son as armas coas que se poden defender. Non podemos dar argumentos a aqueles que nos criminalizan ni debemos colaborar con eles, presentando como elementos da cultura xitana comportamentos e actitudes que moitas veces non son máis que  fruto da ignorancia ou da marxinalidade e que os racistas presentan como comúns a todo o pobo xitano. 

A comunidade xitana española é moi ampla e diversa. E aínda que exista un sentimento común, unha emotividade colectiva indubidable, existen enormes diferencias culturais, sociais, e, incluso, territoriais. A relación entre uns grupos e outros de xitanos, é practicamente inexistente. E as formas de entender e practicar algúns ritos e tradicións que poden ser comúns na súa orixe, son moi distintas. O mesmo que ocorre entre os colectivos xitanos duns países e de outros. Polo tanto, pretender que un grupo de xitanos poda representar a todos os demais na súa forma de vivir, de expresarse, ou  de entender a mesma identidade xitana, será sempre un fraude e una simplificación cargada de prexuicios, que só pode provocar máis illamento e rechazo. 

[*Agustín Vega Cortés é Presidente de Opinión Romaní.

Publicado o 10 de Abril de 2013 en unionromani.org

UNION ROMANI 
Dirección Postal/Postal Address: 
Apartado de Correos 202 
E-08080 BARCELONA (Spain) 

Tel. +34 934127745 
Fax. +34 934127040 
E-mail: u-romani@pangea.org 
URL: http://www.unionromani.org

Licencia de Creative Commons

No comments: