Opio ou revolución? Cinco historias de resistencia política a través do fútbol
O documental francés 'Os rebeldes do futbol' narra cinco historias reais de resistencia política neste deporte a través doutros tantos xogadores de fútbol. Do brasileiro Sócrates e o seu desafío á ditadura até a estrela da selección francesa que se sumou á loita de Alxeria pola independencia ou a figura do fútbol chileno que se negou a dar a man a Pinochet
'Les rebelles du foot' (Os rebeldes do fútbol) é un documental francés de 92 minutos de duración. Dirixido por Gilles Perez e Gilles Rof e conducido polo grande Eric Cantona, posíbelmente o francés máis amado pola clase operaria inglesa. Moito máis que Proudhon, desde logo.
O documental, que aos poucos e non sen dificultades vai proxectándose en diferentes festivais do mundo, parte de contar cinco historias de resistencia política a través deste deporte. E faino a través das historias doutros tantos xogadores. Algúns deles coñecidos, outros non tanto.
Nesta hora e media pasan pola pantalla Sócrates (Brasil), Carlos Caszely (Chile), Didier Drogba (Costa de Marfil), Predrag Pasic (Bosnia), Rachid Mekloufi (Alxeria)
“Eu neguei a man a Pinochet”
Carlos Caszely era toda unha figura do fútbol chileno nos 70. A década na que Pinochet gobernaba Chile a sangue e lume, con milleiros de asasinados e toruturados, e milleiros de desaparecidos. O terror e o medio dominaban todos os estratos da sociedade chilena, tamén o deporte. Mais Caszely estaba inmunizado. No golpe de estado a súa nai fora detida e salvaxemente torturada durante días polos militares. “Fixéronme cousas tan terríbeis que non vou contar por respecto aos meus fillos” dixera, anos despois, esta muller.
Brasil: Ipanema? Si; Futebol?Si, Mais tamén democracia para o povoCo gallo da marcha da selección chilena a Alemania, para tomar parte no mundial, Pinochet quixo despedir persoalmente á escuadra . Foi dando a man xogador a xogador até que chegou cabo Caszely. Alí o ditador quedou coa man extendida sen que ninguén lla estreitase. O futbolista, coas mans ás costas, negouse. Mantívolle a mirada. Pinochet seguiu o camiño sen decir ren.
Falar de Sócrates é falar de fútbol con maiúsculas. Capitán e unha das estrelas daquela selección brasileira que engaiolaba nos setenta e oitenta ao mundo cun xogo preciso e efectivo. E tamén o rostro da coñecida como 'democracia corinthiana' en referencia ao clube Corinthians. Nun país asoballado polo autoritarismo, os xogadores defendían a democracia, mesmo con lemas nas camisolas. E Sócrates (en sinal de respeto e admiración, nas bancadas chamábanlle Doutor Sócrates)
Os 11 da independencia: unha selección pola liberación nacionalAliás, determinadas decisións no clube decidíanse após un debate entre todos, nunha especie de autoxestión futbolística. Sócrates nunca ocultou as súas afinidades coa esquerda.
O alxerani Mekhloufi foi nos 50 e 60 un xogador recoñecido no fútbol francés, onde militou en diferentes equipos, mais principalmente no AS Saint-Etienne, onde aPanteira Verde era o estratega e o goleador. Mesmo en catro ocasións vestiu a camiseta da selección de Francia, pos Alxeria era unha colonia gala.
Mais en 1958 cambiou. Abandonou Francia e retornou ao seu país, en plena guerra de liberación nacional contra a metrópole. Mekholoufi sumouse o FLN (Fronte de Liberación Nacional) e consciente de que a súa fama no mundo do deporte podía ser proveitosa para a causa alxerina, mergullouse na fundación do equipo de fútbol do FLN.
Predrag Pasic: Xogar o futbol con crianzas nun Saraxevo masacradoFrancia manobrou ante a FIFA para que o equipo non fose recoñecido. Mais 'Os 11 da independencia', como foron coñecidos, realizaron varias xiras por diferentes países de Europa, África ou Asia, xogando contra diversos equipos e facendo proselitismo a favor da loita de Alxeria.
No documental tamén hai historias de xogadores europeos,como a de Pasic. Durante os días máis cruentos do sitio a Saraxevo (1992-1996), masacrado polos bombardeos e ataques serbios, Pasic, lonxe de fuxir para xogar comodamente en calquera club europeo desexoso de fichalo, ficou na súa cidade.
Droghba: Educación e sanidade no soño dunha África unidaAlí creou unha escola de fútbol na que tomaban parte máis de 600 nen@s e que xogaban,día a día, desafiando a guerra.
A quinta historia de 'Os rebeldes do fútbol' é a deDroghba, marfileño comprometido co seu país e co ideal dunha África unida. Estrela en equipos europeos,Droghba inviste millón e millóns de euros en proxectos de sanidade e educación en África.
Aliás, sempre mantivo unha actitude moi activa no seu país pola paz e contra as reiteradas guerras civís
E para outra ocasión...
Para outra ocasión quedará falar do escocés Celtic e as súas estreitas relacións sentimentais/ideolóxicas co nacionalismo irlandés máis militante, do italiano Livorno(fundado por estibadores comunistas) e o sentir esquerdista a flor de pel, do ST Pauli e o antifascismo militante en Alemania, do Barça.Athletic e Erreala e o sentir nacional dos seus países. Ou do Osasuna e como no seu nacemento tomaron parte anarquistas de Iruña (Osasuna é Saúde -o saúdo libertario por excelencia- en euskera.
Ou do Celta, e de como o feito de que a súa vestimenta fose coas cores da bandeira de Galiza non foi, para nada, casual. Igual que a elección do nome.