Thursday, January 12, 2012

Foro Social de Ferrol Terra APOIO MUTUO

Foro Social de Ferrol Terra - Consello Local
O pasado 9 de Decembro de 2011, reuniuse o Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra.

Na citada reunión debateuse sobre un esquema analítico da situación actual, da crise e as políticas neoliberais e as propostas para combatelas. Trátase en resumo da creación dunha Rede de Apoio Mutuo. Para o cal veuse necesario a participación do maior número de entidades, organizacións e colectivos da Comarca. Acordouse a realización dun Consello Local Aberto a quen quixer participar na análise e na elaboración de propostas.

Na convocatoria realizada para este Consello Local Aberto do Foro Social de Ferrol Terra, reuníronse, o 27 de Decembro de 2011, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, dezaoito persoas en representación de 13 entidades e algunhas persoas a título particular.

No transcurso da reunión tiveron lugar moitas, motivadoras e frutíferas intervencións.

Entre outras cousas acordouse a convocatoria dunha nova reunión, co compromiso de tratar no seo das diferentes entidades o asunto con antelación á celebración da mesma, que tería lugar o martes 17 de Xaneiro. Para o cal remitiuse, no seu momento, un escrito co resumo da reunión.

A próxima Xuntanza será para seguir preparando a Convocatoria dun Encontro Social de Ferrol Terra, para profundar na análise e na proposta de creación dunha Rede de Apoio Mutuo, así como o de sentar as bases para a elaboración previa dun Informe de Diagnose.

Esta reunión aberta a quen teña interese, sexa en representación duna entidade concreta, como a titulo particular, desenvolverase o próximo martes 17 de Xaneiro de 2012, ás 7 da tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Documentos:

Esquema debate da reunión do 09.12.2011
https://docs.google.com/open?id=1S6MjPyzDEfPyVLQ-0bEueI_c7t1vOjErwQjX7vPgFqZAzMcXa1IrEQoyoLUM

Resumo da Reunión do 27.12.2011
https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMZGYzNjIyYWMtOTViOC00ODVjLTg5MzktMDQ5MjA0YjdmZDkw

Nota.- Nos próximos días enviaremos a proposta duns puntos mínimos para a elaboración do Informe de Diagnose.

No comments: