Folga 17 decembro de 10 a 14 horas
Compañeiros e compañeiras:
Os Sindicatos CC.OO., UGT e CIG, dada a situación de emerxencia social e económica que están a padecer as nosas comarcas, tomamos a decisión de facer unha mobilización para o próximo día 17 de decembro, con chamamento a toda a cidadanía, na demanda de solucións urxentes que permitan reverter esta situación. Unha situación que se está a plasmar no día a día, co peche continuo de empresas e negocios, o baleiro que se presenta no sector naval, así como a ameaza que pende sobre Endesa e Gamesa, Sertor mariqueiro, Hostelería, Comercio, etc, coa consecuente perda de postos de traballo e recursos económicos e sociais.
- A folga será o día17 de decembro (xoves) desde as 10:00 ata as 14:00 horas.
- Se creará unha cadea humana desde a Praza de Armas de Ferrol ata o Concello de Narón, atravesando toda a Estrada de Castela, de 11:00 a 13:00 horas.
- A convocatoria afecta a todos os sectores económicos da Comarca Ferrol-Eume-Ortegal.
- O obxectivo da folga é facilitar a todos os traballadores e traballadoras das citadas comarcas a asistencia a mobilización.
Esperando contar coa túa colaboración.
Un saúdo
Pola Comarca!!!!!
O 17 de decembro, ás 11 horas.
Cadea humana entre os Concellos de Ferrol e Narón.
Todos e todas á Estrada de Castela.
ÚNETE!!!!
No comments:
Post a Comment