NUNCA MANCLAUDIO RODRÍGUEZ FER
Fragmentos do meu poema ecoloxista “Nunca Man”, de A loita continúa, musicado no último disco do grupo de rock progresivo Ad Hoc, da Corporación Semiótica Galega. A voz inicial da gravación adxunta é a do propio artista nudista de Land Art coñecido como Man, o alemán de Camelle, quen faleceu cando a marea negra destruíu o seu museo natural.
NUNCA MAN
A Manfred Gnadinger,
o alemán de Camelle,
morto durante a marea negra
que asolou Galicia en 2003.
o alemán de Camelle,
morto durante a marea negra
que asolou Galicia en 2003.
Nunca Man, o alemán de Camelle,
sempre o puro ecoloxista sen familia e sen roupa,
sen arrimo e con algas, sen compaña e con algas,
sen destino e con algas, sen orixe e con algas,
sen amor e con algas, sen máis recoñecemento
que o do misterio do ceo sobre a arte da terra…
sen arrimo e con algas, sen compaña e con algas,
sen destino e con algas, sen orixe e con algas,
sen amor e con algas, sen máis recoñecemento
que o do misterio do ceo sobre a arte da terra…
A marea humana limpará o museo
para sempre dos que o emporcaron,
para sempre dos que murmuraron,
para sempre dos que se burlaron,
para sempre dos que o humillaron,
para sempre dos que o golpearon,
para sempre dos que o mataron…
para sempre dos que o emporcaron,
para sempre dos que murmuraron,
para sempre dos que se burlaron,
para sempre dos que o humillaron,
para sempre dos que o golpearon,
para sempre dos que o mataron…
Nunca Man, o alemán de Camelle,
o Tolo da Vida na Costa da Morte,
sempre a súa Vida inoportuna,
nunca a súa oportuna Morte.
o Tolo da Vida na Costa da Morte,
sempre a súa Vida inoportuna,
nunca a súa oportuna Morte.
No comments:
Post a Comment