PRESENTACIÓN DO LIBRO
AMADA GARCÍA E OS SEUS ARREDORES
DO HISTORIADOR BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
PUBLICADO POR EDICIÓNS EMBORA
MÉRCORES 24 DE MAIO ÁS 19.00 H.
NO PATIO INTERIOR DO VELLO CÁRCERE DE LUGO
Interveñen:
Carmen Basadre (Concelleira de Cultura)
Claudio Rodríguez Fer, poeta e profesor da USC
Miguel Toval, director de Edicións Embora
Bernardo Máiz Vázquez, profesor e historiador autor da obra
Música:
Pilocha cantará o poema "Amada Amada" de Claudio Rodríguez Fer
Amada García, encarcerada durante o seu embarazo e fusilada na prisión militar de Ferrol en 1938, tras despedirse do seu pai, do seu marido e do seu fillo acabado de nacer, é unha figura simbólica da resistencia antifascista das mulleres galegas, que neste libro se presenta dunha maneira histórica, fidedigna, contextualizada e real que, non obstante, supera á ficción.
Bernardo Máiz Vázquez ten unha ampla obra historiográfica sobre a represión franquista, na que se contan libros como Galicia na II República e baixo o franquismo, Memoria-catálogo das publicaciones galegas antifranquistas, Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consello de Guerra: Ferrol 1934-1955 ou Castelo de San Felipe: cárcere e morte.
No comments:
Post a Comment