Eu estaba alí
Unha crónica implacábel dos principais feitos que se produciron na Galiza no último medio século, escrita por quen estivo presente e os viviu ou sufriu de preto.
Unha voz apaixonada e, ao mesmo tempo, ética e lúcida que relata en primeira persoa a epopea dun pobo que vai tomando conciencia de seu.
Unha narrativa que entronca coa literatura máis en voga hoxe.
Unha homenaxe aos seus protagonistas, ás máis das veces anónimos, sen os cales é imposíbel entender a nosa actualidade.
Uns sucesos contados con detalle e contextualizados para completar a nosa historia.
Os pequenos feitos, moitas veces descoñecidos pola maioría, toman grande dimensión nuns “episodios nacionais” que van pasando ante o lector coma unha película na que, moitas veces, se sentirá protagonista.
Un libro que explica o cando e o porqué da última ruptura do BNG, o defenestramento de Cuíña Crespo por Fraga Iribarne ou de Carlos Mella por Barreiro Rivas; logo de repasar desde ao asasinato do Piloto, o último guerrilleiro, ás mortes de Amador e Daniel ou de Moncho Reboiras. Pero tamén están presentes as grande vitorias do nacionalismo: As Encrobas, Baldaio, Xove, A Cota Empresarial,
O Xurelo... O Estatuto de Autonomía, o primeiro día do Parlamento...
E tamén o nacemento do BNG, de Nunca Máis, o Primeiro Congreso de Escritores... Ou Episodios como o intento de secuestro de Gómez Franqueira, a disolución do Partido Galeguista, a folga de Galvisa, o ataque da Policía Militar a unha manifestación n’A Coruña ou cando tentan prohibir a manifestación do Día Patria Galega.
Un libro para non perder a memoria.
Afonso Eiré
Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nacido en Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.
Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Estudou periodismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu conselleiro delegado de A Nosa Terra.
Entre as súas obras, salientamos, O fútbol nasociedade galega, 1998, A Nosa Terra; Chantadana historia, 2010; Infiltrados. Os servizossecretos, a UPG e outras historias donacionalismo, 2013, Biblos Clube; Amigossempre, 1998, A Nosa Terra, ou O penalti de Fuco, 2012, Baía.

No comments:
Post a Comment