Sunday, October 25, 2015

LUIS MATALOBOS, SIEMPRE CON NOSOTROS, EN NUESTRO CORAZÓN

Fotos de Fuco Buxan - Google Fotos









O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase as condolencias polo falecemento do amigo e compañeiro Luis Matalobos quen nos acompañou sempre na nosa loita pola defensa da Ría, da legalidade e da vida.
A pesar do seu duro combate contra enfermidade participou, tamén como sempre, o pasado xullo na Marcha a pé Ferrol – Mugardos e estivo presente nas últimas concentracións.
O seu exemplo será o noso acicate para continuar a tarefa emprendida.
Gracias compañeiro.



Vero Álbum de Fotos de Fuco Buxán.

A Asociación Cultural Fuco Buxán lamenta comunicar o falecemento do seu socio, amigo e compañeiro Luis Matalobos Sobrado.
Luis faleceu o pasado venres, tras unha longa enfermedade que levou ate o final con entereza e exemplaridade, e polo seu expreso desexo non se comunicou con anterioridade.
Antigo militante do PCG e despóis do PSOE, estivo presente en todas as causas sociais, tomando parte activa, estes derradeiros anos, en diversas Plataformas e Movimentos Cidadás: Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol, Plataforma Stop Desafiuzamentos Ferrolterra, Encontro Social de Ferrolterra, Plataforma Defensa da Sanidade Pública, Marchas da Dignidade ….
Mantivo o seu compromiso e actividade ate os últimos días, e pediunos “que continuáramos na loita” e nos, as súas compañeiras e compañeiros lle aseguramos: Co teu exemplo na lembranza, Luis, a loita continúa ¡
Para o seu fillo e irmáns, familia e amigos o noso sentimento e solidariedade.

No comments: