Thursday, August 21, 2025

manifesto contra o lume

*Manifesto* perante a vaga de incendios.                        *LUMES NUNCA MÁIS*

A POLÍTICA FORESTAL DO PP QUEIMA OS NOSOS MONTES, QUEIMA AS NOSAS CASAS

POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO

21 de agosto de 2025 

Manifestó 

LUMES NUNCA MÁIS

A POLÍTICA FORESTAL DO PP QUEIMA OS NOSOS MONTES, QUEIMA AS NOSAS CASAS

POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO

21 de agosto de 2025

Perante a vaga de incendios que que se espalla por toda a Galiza, de norte a sur, e de leste a oeste, estamos hoxe aquí para denunciar mais unha vez outra traxedia ambiental, social e cultural e económica, un novo pesadelo nesta longa noite de perda da nosa natureza e por extensión do noso

País. O andazo dos incendios que está padecendo toda Galiza ceba-se, nestes momentos, especialmente sobre todo nas comarcas de Ourense, nomeadamente nos seus espazos naturais protexidos. Nestes momentos xa se superan as 100.000 hectáreas calcinadas, e seguen-se

acrecentando, e non sabemos onde vai parar. Grande parte destes espazos quedarán tinxidos de negro, en forma dun “Prestige do interior” que vai deixar tras de si, unha paisaxe desoladora, unha terra devastada e un futuro incerto para quen perderán as súas pertenzas e o seu medio de vida, para nosa natureza e, por extensión, para o noso País.

Causas múltiples e diversas están na orixe dos incendios que se producen no territorio da Galiza, e cada ano que pasa novos factores, como a mudanza climática, teñen de ser tidos en conta, mas no que todo o mundo parece estar de acordo é que o abandono do rural, as nefastas políticas agrarias e a aposta polo monocultivo de especies de crecemento rápido están entre as causas que mais inflúen nas vagas incendiarias. Neste sentido e perante o inmediato fin da moratoria para novas plantacións de eucaliptos decretada pola Xunta de Galiza para este 31 de decembro, e a vista do desastre económico, social e ambiental que estamos padecendo, consideramos necesario reclamar unha

moratoria indefinida.

Un ano mais, e xa van moitos, ante a inacción dos gobernos galegos do PP, estamos sendo testemuñas de como o lume se propaga por numerosas comarcas do noso rural e de zonas próximas

ás cidades, co agravante de que a extensión de territorio que se ve afectada é cada vez maior, se as condicións climáticas son desfavorábeis. Non pasa así en anos con condicións climáticas mais benignas, como foi o caso do ano pasado, con apenas 2.600 hectáreas.

Hai persoas queimadas cun grave risco para a sua vida, arden casas e milleiros de persoas evacuadas viron-se na obriga de deixar os seus fogares, e os seus animais, impotentes, vendo que non había medios suficientes para facerlle fronte ao lume. Están abandonadas. Os colectivos e as

persoas aquí presentes queremos amosar o noso desexo de favorábel e pronta recuperación dasnon poderá permitir o establecemento da vexetación que sustenta á fauna? A súa recuperación non é

cuestión de décadas, senón de centos de anos.

As persoas labregas están especialmente afectadas pola destrución dos cultivos, a perda de forraxe almacenada e a imposibilidade de producir outra nova ou facer pastoreo nas terras arrasadas. Na

apicultura perdeuse a zona de alimentación das abellas en km á redonda. E a recuperación destas zonas levará moito tempo.

Unha vez máis, temos que ser o pobo galego quen saía á rúa para exixir ao goberno da Xunta  medidas urxentes para frear esta situación e un cambio radical nas súas políticas ambientais, agro-gandeiras e forestais.

É por isto que por enésima vez esiximos:

 A creación dun único servizo público, de xestión directa e dependente da Xunta, evitando a súa privatización, composto por profesionais, adecuadamente formado en prevención, extinción de incendios e outras emerxencias que poidan alternar os labores de extinción no verán e prevención durante todo o ano.

 A declaración de “zona catastrófica” (agora “zona afectada gravemente por unha emerxencia civil”) das áreas atinxidas polos lumes. Creación inmediata nas zonas afectadas polo lume de comisións de traballo conformadas pola Administración pública, os titulares dos montes e representantes das organizacións sindicais, agrarias, medioambientais e de comunidades de

montes, tendo como cometido a elaboración de medidas para evitar a erosión do chao,

medidas de restauración do solo e proxectos para a posta en valor do monte

 Accións inmediatas nas zonas queimadas para evitar a erosión destes solos de extraordinaria importancia e procurar o antes posíbel a súa restauración, asi como impedir a chegada de cinzas e outros contaminantes aos ríos e rías.

 A suspensión da tempada de caza e pesca non só nas áreas queimadas senón tamén nos tecores veciños por un período que permita a rexeneración das poboacións salvaxes afectadas polo lume.

 O pulo decidido a políticas estruturais que preserven a biodiversidade natural, restauren os ecosistemas danados e recuperen os usos tradicionais e multifuncionais dos montes, como o pastoreo. Medidas que contribúen a fixar poboación no rural e a afastar os lumes.

 Denunciamos que a Xunta siga empregando o monte galego como obxecto de especulación, ou como solo barato para as grandes corporacións multinacionais enerxéticas, pasteiras e mineiras que expulsan ás persoas do rural na procura do seu lucro privado.

 E agardamos que non se aproveite esta situación de desgraza ambiental e social para favorecer os intereses dos lobbys enerxético, mineiro, urbanístico, e forestal.

 Reclamamos unha moratoria indefinida para a plantación de eucaliptos e doutras especies pirófilas, así como a súa eliminación paulatina e dando alternativas aos e ás titulares demontes de eucaliptos situados en terras agrarias, figuras de protección medioambiental,

masas mixtas, zonas paisaxísticas, con restos patrimoniais, etc.


POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO

BASTA XA DE TANTA MANIPULACIÓN E DE PROPAGANDA BALEIRA SOBRE O

NOSO RURAL.

NON QUEREMOS QUE O MONTE SEXA PASTO DO LUME E DA ESPECULACIÓN.

LUMES NUNCA MÁIS


Plataforma “Por un monte galego con futuro”

Colectivos que a integran:

A Estruga, 

A Rente do Chan-Pladever, 

A Ría Non se Vende, 

A Terra Non se Vende (ATNSV), 

Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, 

Anduxía,

 Asociación Ambiental Petón do Lobo, 

Asociación Ambiental Senda Nova, 

Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, 

Asociación para a Defensa  Ecolóxica de Galiza (ADEGA), 

Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, 

Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago  (AGACS), 

Asociación Galega de Apicultura (AGA), 

Asociación Galega Cova Crea, 

Asociación  Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), 

Asociación de Custodia 

do Territorio Brexa, 

Asociación Frouma, 

Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, 

Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, 

Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), 

Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), 

Asociación Naturalista Hispella, 

Asociación Rebinxe, 

Asociación Rexeneración Autóctona, 

Asociación Veciñal do Saviñao, 

Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), 

Ecoloxistas en Acción,

 Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), 

Foro do Camiño,

 Fundación Eira,

 Greenpeace, 

Grupo Naturalista Hábitat, 

Instituto de Estudos  Miñoráns, 

Mariña Patrimonio, 

Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), 

Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo «CÍES»,

 Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro,

Quercus Sonora, 

Salvemos as Fragas de Catasós, 

Sindicato Labrego Galego (SLG),

 Sociedade  Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, 

SOS Suído Seixo, 

Terra Chá Sostible, 

Verdegaia e Vespera de nada




No comments: