Exposición "NAUFRAXIO" de Neira Brochs
Do 21 de abril ao 28 de maio de 2016
Inauguración o xoves día 21 de abril ás 19,30 h.
Na madrugada do 2 o 3 de Novembro de 1810, as penas e rochas da enseada da praia de Covas, en Viveiro, foron testemuñas dunha das traxedias humanas máis abraiantes que poden atoparse na contorna marítima da península Ibérica.
A dimensión da mesma parece quedar agochada na amnesia popular, sen saber moi ben o motivo, como non fose o tremendo “shock” producido por ter diante dos ollos máis cadáveres que seres vivos polos areais de Covas e Sacido, segúncitan as fontes.

A Arte plástica correspóndelle sempre, dende a conciencia libre dende onde se crea, rastrear nas sensibilidades, tanto individuais como colectivas, os restos dos naufraxios emocionais que nin o oral, nin o escrito, son capaces de dimensionar.
O artista plástico é sensible á traxedia por solidarizade emocional. O xénero das paisaxes marinas, que nace das entrañas das verbas clásicas percorre a historia para se instalar como cénit no romanticismo, e rematar na actualidade entre avulgar maraña informativa sen poder distinguir entre a “transcendencia” dotráxico do que non o é. Esta transcendencia do tráxico necesita ser rescatada pola pegada sensitiva que o silencio enxordecedor queda nas entrañas de seres
No comments:
Post a Comment