Friday, December 04, 2015

CulturGAL 2015

CulturGAL 2015 | Ollaparo. O universal é o local sen muros

cartel def.indd
Comeza a Feira das Industrias culturais no Pazo da Cultura de Pontevedra. OCulturgal, presidido por Manuel Bragado desde que fora constituída en 2010 para dar continuidade e estabilidade a unha feira que arrancara de maneira exitosa en 2007.
Do 4 ao 6 decembro, para unha edición que conta con 81 entidades expositoras e máis de 120 actividades no programa oficial da feira ás que hai que sumar as organizadas polos stands. Música, teatro, arte contemporánea, libros, espectáculos infantiles, cine, programación profesional e moita festa nunha edición, a oitava, cuxo lema é “Presume de Culturgal”.
Haberá seis programacións simultáneasdurante os tres días: libro, música, espazo foro, infantil, audiovisual e profesional.
E moitas escritoras e escritores presentado novidades e charlando co público: Manuel Rivas, Ledicia Costas, Fran P. Lorenzo, Andrea Maceiras, Héctor Cajaraville, Antón Riveiro Coello, Diego Ameixeiras, entre outros.
Música
Na Carpa Culturgal con pop, folk, blues e jazz así como unha proposta para nenas, nenos e familias que inclúe a presentación de novedades en libro disco e espectáculos teatrais. Sen dúbida, os máis pequenos son os grandes protagonistas do Culturgal que programa na mañá do domingo 6 o espectáculo especial (de pago) “Canta o cuco. Uxía e Magín Blanco na Casa de Manuel María” coincidindo co lanzamento do libro disco do mesmo título de Galaxia. As entradas en ataquilla.com
Humor e contos
O sábado ás 21:30, Candido Pazó, Celso Fernández Sanmartín, Lucía Aldao e María Lado, catro dos mellores contadores de historias reunidos no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.
“Dá de contar a quen pasa”, o espectáculo especial do Culturgal 2015. Unha noite de historias, risas e tenrura.
Arte e arquitectura na mostra“Somos Espazo”
Gran  mostra de arte contemporánea. Se na pasada edición foi o libro de artista, en 2015 as simbioses entre arte e arquitectura centran a proposta dos comisarios Paula Cabaleiro e Antón Sobral co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Museo de Pontevedra. Vinte e dous artistas e arquitectos participan na mostra “Somos Espazo” que se inaugura o 4 de decembro, ao tempo que o Culturgal, e estará aberta no Pazo da Cultura de Pontevedra até o 10 de xaneiro.
Cine e Premio do Público
Culturgal adica unha liña de programación ao audiovisual galego nun programa coordinado por Agapi. Haberá presentación de documentais como o dedicado ao músico Manuel Quiroga ou ao escultor Francisco Leiro, proxección de filmes de ficción como Las altas presiones de Ángel Santos e maratón de webseries o sábado pola tarde.
Tamén sorpresas como coñecer a faceta fílmica do escritor Xabier P. Docampo que leva á pantalla do Culturgal un proxecto iniciado en 1982 e retomado en 2015. De cine tamén vai o Premio do Público Culturgal 2015, que será entregado na tarde do domingo 6 ao Festival Curtocircuíto tras ser o vencedor na votación popular online promovida polo Culturgal no mes de outubro.

No comments: