Razón Socialista é unha revista plural que sirve de foro de debate para a rexeneración da esquerda.
O Consello de Redacción respeta en todo momento a opinión e o idioma dos textos dos seus colaboradores, pero non se fai responsable, nin ten porqué identificarse necesariamente coas opinións expresadas.
Dep. Legal: 541/1995
Edita: Asociación Cultural Fuco Buxán.
Informamos que este martes 5 de maio, a Asociación Cultural Fuco Buxán, inaugurará ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos Ferrol, a exposición: “Razón Socialista, 20 años”.
Esta inauguración da exposición será o primeiro acto desta entidade tras a renovación e cambio de directiva, feito acontecido hai uns días atrás.
A revista “Razón Socialista” editou o seu primeiro exemplar o 1 de maio de 1995, catro anos máis tarde nacía a Asociación Fuco Buxán. A exposición fai un percorrido polas portadas de diferentes números editados, así como doutros materiais aportados á propia exposición. A exposición vai desde o martes 5 ao martes 19 de maio.
A exposición será inaugurada pola Presidenta Teresa Martínez, o director da revista Manuel Cendán, ambos os dous estarán acompañados, tamén, do directiva e artista local Víctor García Novás.
A Asociación Cultural Fuco Buxán agradece á Galería Sargadelos a colaboración prestada. Agradecemos difusión da inauguración e asistencia á mesma.
Prégase Difusión!
A Xunta Directiva da A.C. Fuco Buxán.
No comments:
Post a Comment