Crear desde xa un contrapoder - Un poder múltiple, plural pero enmarcado nos valores e parámetros que definen a Unidade Popular - Unha Syriza Ibérica - Carta de Julio Anguita á fronte Cívica Somos Maioría
Tema: A Esquerda, Julio Anguita González
Desde Ártabra 21, convidamos a ler e difundir esta interesante carta de Julio Anguita en clave interna e mensaxe externa, pensamos que é unha análise con rigor e necesaria. Torna-se necesario e urxente crear desde xa un contrapoder, un contrapoder múltiple, plural pero enmarcado nos valores e parámetros que definen a Unidade Popular, crear unha Syriza Ibérica, onde a unidade popular galega (democrática, unitaria e diversa) sexa unha peza fundamental e imprescindíbel no tren de engrenaxes político, alternativo e transformador que desencadeen o proceso e os procesos constituíntes.
Por Julio Anguita González [*]
24.02.2015
Ante a opinión pública e algunha publicada, as malfeitorías do Goberno do PP colmaron o vaso da inhibición, a comodidade e o aguante. Aos clásicos despropósitos cara aos traballadores manuais uniran-se os que afectan a profesionais, pequenos empresarios e pensionistas. Por outra banda as operacións de encantamento como a do mito do europeísmo de salón termina por transformase nun estado de opinión totalmente contrario.
Aos tímidos conflitos laborais e ás folgas convocadas para cumprir co guión pero sen proxecto estratéxico algún, sumaran-se paulatinamente dous novos actores, ou mellor, un actor múltiple e plural e un medio identitario de reforzamento, a Rede. 15M, campamentos e marchas da dignidade, as mareas, as loitas contra os desafiuzamentos, as mobilizacións de carácter alternativo sobre a enerxía, a saúde, a educación , os estafados polos bancos, os pensionistas e até sectores enteiros que até entón nunca se mobilizaronestaban indicando un cambio profundo na composición do suxeito revolucionario e en consecuencia no discurso adecuado para unha resposta non só na rúa senón tamén no argumentario, a linguaxe, o discurso e no imaxinario colectivo.
No seo do que chamamos esquerda estase explicitando esa realidade. Uns falan de esquerda e outros de maioría. Non é soamente unha cuestión semántica senón de estar ou non estar na realidade. O que redacta estas liñas é consciente de que dereita e esquerda son dous conceptos con plena vixencia no quefacer cotián, pero o problema non estriba só no ser senón tamén no parecer, no asumir conscientemente. A realidade é o que é, mais tamén o que se pensa dela, é dicir, a unión do obxectivo e do subxectivo. A tarefa que as partidarias do cambio profundo teñen ante si, é conseguir o que aquel personaxe de Molière que falaba en prosa pero sen sabelo; ser capaces de que medidas de economía alternativa e de funcionamento democrático profundo sexan aceptadas pola evidencia da súa bondade e non pola etiqueta que as envolve.
Ese foi o sentido da Fronte Cívica, a súa oportunidade, a súa linguaxe e as súas propostas para o inmediato. Nestes momentos xorden as dúbidas achega de si aquel discurso, aquel proxecto, aquela convocatoria necesitaba dar un paso máis na oferta electoral inmediata. A expectación coa que foi acollida a creación da Fronte Cívica estábao indicando. Os riscos non eran máis que os que actualmente ten Podemos, o continuador por vía da lóxica daquela nova visión. Mais o caso é que esta dúbida o é a touro pasado, porque entón partiamos da convicción de que non debiamos engadir unha sigla política máis por varias e múltiples razóns.
Coa experiencia que dá o tempo transcorrido desde entón estamos en condicións de afirmar:
1. Podemos foi no discurso e nas propostas que marcan a súa aparición e fundación, o continuador do que a Fronte Cívica suscitou.Nese sentido o discurso e a práctica da Fronte Cívica deben estar á marxe da conxuntura electoral e centrarse no día seguinte das eleccións sen abandonar tampouco o día de antes. Por razóns varias e atribuíbeis a tirios e a troianos non foi posible concretar en España unha Syriza Ibérica. Será unha cuestión de tempo e máis próximo do que parece. Si fanse realidade os prognósticos electorais o problema radicará no día seguinte. O Poder intensificará as súas presións de toda índole; e ante iso a Podemos só lle quedarán dúas alternativas: a claudicación ou a actitude numantina, heroica pero inútil. Por iso a tarefa de crear desde xa un contra poder non é, en absoluto, unha cuestión baladí, é a prioridade de hoxe. Todos os partidos, movementos e plataformas que tantas veces coinciden na mobilización deben asumir que a realidade a transformar esixe unha estratexia e unhas tácticas concordes coa fulgurante aparición de Podemos. Non se trata de ser gregarios ou auxiliares senón de saber situar a súa representatividade e organización nesta tarefa. A actualidade pre-electoral está marcando os discursos e os xestos dos dirixentes políticos; o noso como Fronte Cívica é preparar o día D+1.
2. Os bos resultados electorais nas europeas e as máis que evidentes expectativas electorais do presente fixeron de Podemos e ante o imaxinario a encarnación da Alternativa.
3. E ao anterior debemos engadir algo extremadamente importantes e dunhas consecuencias determinantes: ao bipartidismo abrir unha brecha que vai ser difícil tapar ou manter no seu actual estado. A evidencia de que o famoso "sorpasso" de IU era posíbel, engade un plus de valoración crítica sobre aquela época.
4. Pero conforme Podemos ha ir consolidándose como partido político que ademais ve como máis que probábel a súa futura responsabilidade en tarefas de goberno ou polo menos de ser indispensábel para a gobernabilidade, tamén irá concretando, matizando e secuenciando as súas propostas. Todo iso é normal e lóxico pero expresa unha lei política que pode formularse así: Todo movemento político e social que se transforma en partido político como consecuencia dun apoio espectacular tende a limitar e reducir a esfera da súa irradiación por mor de concretar os seus mecanismos orgánicos e tamén e fundamentalmente por mor da necesidade de concretar, matizar, priorizar e pactar (sequera temporalmente) coa realidade. Non esquezamos que até as revolucións triunfantes, deben abordar a gobernabilidade mediante un pacto entre Utopía e a realidade do momento.
5. A anterior reflexión conduce a que a denominación Podemos ten dous ámbitos de significación e de mensaxe máis diferenciados (aínda que por agora non antagónicos). O primeiro é o que dimana da oferta electoral que suscita e a seu máis que probábel éxito na mesma; pero iso ten unha contrapartida: a prioridade en cuestións organizativas, electorais e os seus conseguintes problemas de interiorización aos que se suma a inexperiencia da organización. O segundo non é outro que a existencia aínda quente das expectativas levantadas entre sectores da poboación totalmente ineludíbeis para a tarefa do proceso constituínte e a subseguinte transformación da sociedade no sentido da aplicación consecuente dos DDHH nas súas tres xeracións. A manifestación de Madrid do pasado 31 de Xaneiro constitúe a visualización máis evidente da concreción multitudinaria desa esperanza. Mais moi difícil por non dicir case imposíbel manter en solitario a forza exhibida en Madrid cando os ataques brutais e de toda índole arreceren e tamén cando a gobernabilidade esixa uns tempos non coincidentes totalmente coa rúa. E iso co risco inherente dos pescadores fascistas en río revolto. Non nos podemos permitir ningún desencanto.
6. Nese consenso social e nesa ilusión coa irrupción de Podemos está o embrión dobloque social do cambio, ese espazo de articulación orgánica que autores comoGramsci, consideraron como imprescindíbel factor para o cambio. Trátase de transformar toda esa ilusión en construción do poder da maioría xunto a ATTAC,EQUO, Esquerda Unida, Mareas Cidadás, ... Un poder múltiple, plural pero enmarcado nos valores e parámetros que definen a Unidade Popular.
7. E é aí onde a Fronte Cívica ten a súa razón de ser. Recoñezo o protagonismo e a capacidade de Podemos en captar vontades, concitar soños e apoios fronte ao bipartidismo e o que este representa. Non formamos ningunha fronte anti-Podemos pero temos a vontade de construír en torno ao soño de cambio un bloque social capaz de nutrir política e organicamente á maioría social. Unha maioría social en cuxa cohesión, concienciación e centralidade para o cambio a Fronte Cívica xustificaba (e debe seguir xustificando) a súa razón de ser. Trátase de organizar un mañá que é case un hoxe. Si as organizacións e movementos que tantas veces citamos conflúen na creación de identidade en torno a un programa, uns valores e unhas formas de exercer o apoio e a crítica construtiva alternativa en cada momento, o bloque social do cambio (que sempre é plural e múltiple) verá no seu seo ao partidoPodemos. A Fronte Cívica, seguindo os seus principios fundacionais debe exercer a paciente tarefa de conseguilo. Trátase de crear unha identidade xenética pluriforme que se proxecta moito máis alá do institucional e pretende articular un novo tecido social e unha nova cultura.
Publicado o 24 de Febreiro de 2015 | Fronte Cívica 'Somos Maioría'.
Foto: Vista xeral da praza do Obradoiro polo 29N2014 - #OcupaObradoiro - Marchas da Dignidade da Galiza. | CC BY-SA - Praza Pública.
[*] Julio Anguita González, -Fuengirola, Málaga, 21 de novembro de 1941, é un mestre e profesor de Historia xubilado, e un activista político. | Un referente no pensamento de esquerdas. De convicción comunista, foi alcalde de Córdoba entre 1979 e 1986,(aí gañou o alcumo de "califa vermello"), secretario xeral do Partido Comunista de España entre 1988 e 1998, e coordinador xeral de Esquerda Unida entre 1989 e 2000. | Separado da política activa por unha afección cardíaca, Julio Anguita veu aparecendo en diferentes actos e alternativas para lograr os obxectivos ideolóxicos de esquerdas entre os que se atopa un estado republicano. Na actualidade forma parte do Colectivo Prometeo e da Fronte Cívica.
Sitio-e estatal:
http://www.frentecivicosomosmayoria.es/
No comments:
Post a Comment