Tuesday, January 27, 2015

Syriza desafía a troika

Syriza desafía a troika | Ollaparo. O universal é o local menos os muros

Syriza desafía a troika

por Ollaparo Redacción



A imprensa internacional réndese ao trunfo de Syriza  nas  súas capas. O sorpasso de Syzria remata co bipartidismo.  Tsipras comeza hoxe a rolda de conversas para formar goberno logo de rozar a maioría absoluta.

Despois do reconto do 99,5% dos  escrutinios, Syriza apañou o 36,34% dos votos, que se traduce en  149 escanos, dous por baixo da maioría absoluta.
Os conservadores de Nova Democracia do até o arestora primeiro ministro, Andonis Samaràs, ficou co 27,81% (76 escanos).
Tsipras: “Grecia vira a páxina, deixa atrás o desastre da austeridade “
No terceiro lugar os neonazis e Alba Dourada co 6,28% (17 escanos), seguidos de  To Potami, co 6,05% (17 escanos).
A seguir, os comunistas, co 5,47% (15 escanos), ANEL,co 4,75% (13 escanos) e os socialdemócratas de Pasok, até o de agora socios do goberno de Samaràs, co 4,68% (13 escanos)
Os gregos quixeron recuperar a xestión do seu país . Porén, non convidan ao optimismo as primeiras reaccións da UE negando a posibilidade de quitanza.O presidente do  Parlamento Europeo xa expresou á radio pública alemá  Deutschlandfunk o seu convencemento de que Grecia non terá quitanza da débeda e ve como alternativa a  mellora dos ingresos do estado grego e  a loita contra a evasión fiscal. Tamén afirmou que o próximo goberno grego non ten con certeza “ningún poder de coacción” xa que é un máis dos 19 paises da eurozona.
Martin Schulz (presidente do Parlamento Europeo: “Tsipras é un “pragmático”, “que sabe moi ben que terá de adoptar compromisos tanto a nivel interno, para acadar un socio minoritario de goberno, como a nivel europeo”
Votos – Escanos 2015 – Escanos 2012
Syriza 36,34% – 149 – 71
Nova Democracia 27,81% 76 – 129
Alba Dourada 6,28% – 17- 18
To Potami (O Río) 6,05%- 17 – Non existía
KKE (comunistas) 5,47% -15 – 0
Gregos independentes 4,75% – 13 – 20
Pasok 4,68% – 13 – 33

No comments: